Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os condenados pola protesta contra o PXOM en 2006 están sendo visitados pola policía a instancias do xulgado

Os condenados pola protesta contra o PXOM en 2006 están sendo visitados pola policía a instancias do xulgado

Correo-e Imprimir PDF
Protesta veciñal no pleno que pedía o aprazamento do PXOM en 2006

Tal e como informou valminor.info, os condenados polos incidentes do 2 de xuño de 2006, na protesta diante do concello para impedir a aprobación inicial do PXOM de Nigrán, están sendo novamente identificados e localizados pola policía local de Nigrán.

O alcalde despexou, no pleno, a incógnita sobre a instancias de qué organísmo estábanse a realizar estas identificacións.

A resposta a deu o propio alcalde de Nigrán no último pleno, ante a pregunta do portavoz do socialistas, Juan González.

O portavoz do grupo socialistas, Juan González, preguntou no último pleno polas identificacións que esta a realizar a policía local de Nigrán aos veciños condenados polos altercados do do 2 xuño de 2006, trala revolta que impediu a aprobación inicial dun PXOM salpimentado de polémica do anterior mandato popular de Alferdo Rodríguez Millares.

O alcalde respondeu á pregunta de González asegurando que as visitas estábanse realizando á instancias dunha solicitude realizada polo propio xulgado. Deste xeito o rexedor amosoue leu o documento do propio xulgado , onde se solicitaba directamente á policia local a realización das visitas aos veciños que foran condenados, para saber se seguen residindo nos mesmos domicilios.

A noticia segue sentando estupor nos veciños afectados que non entenden o motivo destas identificacións que ao seu entender se están realizando de xeito arbitrario, xa que non todos foron visitados ainda, pero sobre todo cando xa saldaron a súa débeda coa xustiza e non contan con antecedentes por estes feitos.

Segundo a opinión dun letrado consultado por valminor.info, os axentes da policía local estarían obrigados a ensinar previamente a orde xudicial pola que se require a identificación destes cidadáns, dado que as identificacións se están a realizar nos propios domicilios, doutro xeito a policía podería incurrir nunha ilegalidade.

Os veciños asumiron no seu día multas de 400€ por perso de xeito solaridario e de forma conxunta nun acordo previo coa fiscalía, pese a que sobre moitos deles non existía probas nin indicios de delito.

Ningún partido político nin colectivo veciñal se pronunciou ate o momento ao respecto destes feitos.