Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán proxecta asfaltar catro rúas da Ramallosa pavimentadas con pedra con cargo ao PlanE.

O Concello de Nigrán proxecta asfaltar catro rúas da Ramallosa pavimentadas con pedra con cargo ao PlanE.

Correo-e Imprimir PDF

-O proxecto reaviva unha polémica entre populares e socialistas que ven dende o 2009 sobre a reestruturación da Ramallosa.

O alcalde Alberto Valverde anunciou este venres a súa intención de trocar por asfalto catro rúas da Ramallosa pavimentadas actualmente con granito polo anterior goberno de Efrén Juanes con cargo ao PlanE. A obra de máis de 30 mil euros de custe, afectará as rúas Romana Baixa, Damas Apostólicas, Camiño da Cabreira e Tomadas. "Pavimentando estas calzadas reduciremos de forma considerable los gastos de mantenimiento de los mismos", sinalou Valverde.

Nembargante, para o portavoz do PSOE-Nigrán e ex responsable de urbanismo, Juan González, a iniciativa de Valverde trátase dun novo intento por "demonizar todo o bo que fixo" o goberno anterior. Nese senso sinala que trátase dun espazo "gañado para a xente" e que agora o alcalde pretende mudalo para convertelo "estradas exclusivamente para vehículos". Polo cal solicitou a Valverde que "paralice de xeito inmediato esta pretensión".

Pola súa banda, o rexedor Valverde sostivo que " El actual pavimento de estos viales, acometido durante el mandato anterior, genera unos gastos de mantenimiento muy elevados, ya que el material empleado no es apto para el tráfico pesado que circula por los mismos, requiriendo reposiciones y arreglos con excesiva regularidad ". Por iso proxecta destinar "más de 32.000 euros", dos 279 mil que o Plan de Inversións da Deputación de Pontevedra destinará a Nigrán.

Antecedentes. Unha polémica que ven dende o 2009.

Os vehículos de máis de 8 toneladas non poden circular hoxe en día polo centro da Ramallosa. Dende o 2009 unha humanización desenvolvida polo goberno socialista, colocou laxes de pedra no pavimento das rúas e diminuíu as prazas de aparcadoiro na zona co xeito de gañar espazos para a circulación peonil. A iniciativa recibira críticas de algúns comerciantes e residentes polas restricións que a obra implicaba para eles. O entón presidente da AA.VV. "A Unión", José Álvarez Valverde (actual concelleiro de Obras do goberno de Nigrán), liderou a oposición veciñal da reforma. 

Tamén o actual alcalde, Alberto Valverde, (daquela portavoz da oposición no PP), acusaba ao goberno de Juanes de recuperar e plasmar un proxecto do ex rexedor popular Alfredo Rodríguez.