Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE láiase polo empichado da Ramallosa

O PSOE láiase polo empichado da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
A actuación municipal supón a retirada do enlousado e o posterior asfaltado

 Os socialistas culpan ao goberno de Nigrán de abandoar totalmente o mantemento da Ramallosa durante dous anos para permitir o seu deterioro irremediable e xustificar o empichado.

Sinalan que a solución adoptada polo goberno municipal poñen de manifesto a súa "incapacidade" e "desgoberno" por non asumir as súas responsabilidades para o mantemento deste espazo.

Un día despois do inicio das obras de empichado da humanización da Ramallosa, a lousa e o piche fan correr ríos de tinta por parte de goberno e oposición. Por unha parte os defensores da inversión de 32.000 euros no empichado da contorna da zona comercial da Ramallosa alegando un elevado gasto de mantemendo ainda sen xustificar, e por outro lado os partidos da oposición PSOE e UCN que critican a deixadez e despilfarro nun dite e direte de culpas e de petición de responsabilidades.

Juan González, representante dos socialista de Nigrán e principal impulsor das obras de humanización de Ramallosa e Praia América durante o seu mandato como concelleiro de urbanismo na anterior lexislatura, cargou contra as obras de empichado que está a relizar o goberno de Valverde. "A modelica urbanización e humanización de A Ramallosa, o mesmo que Lourido ou Panxon, que o anterior goberno converteu nuns espazos para as personas, dotou de auga e saneamento e de beiraruas despois de décadas de esquecemento, deixará de selo grazas a Alberto Valverde."

Gonzalez sinala que o goberno local ten totalmente abandoada esta parroquia de Nigrán. González pon no foco da crítica a falta de mantemento das rúas humanizadas, o peche do centro da terceira idade que leva xa un ano pechado, así como o problema do botellón dos sábados noite. 

A solución proposta polo concello para a reparación das zonas que presentaban roturas no firme, para os socialistas demostran "a súa total e absoluta incapacidade polo despilfarro de diñeiro público, deixando o espazo comercial e humanizado de A Ramallosa nunha vulgar estrada."

Critican o traslado da responsabilidade ao goberno anterior, promotor das obras de humanización, e sinalan que os problemas son froito da "incapacidade do Alcalde e o seu desgoberno" por non asumir as súas responsabilidades e o seu "posto de Alcalde". 

O PSOE teme que o goberno de Nigrán asfalte tamén as humanizacións de Lourido ou o paseo marítimo de Panxón, seguindo os mesmos argumentos esgrimidos para as polémicas obras da Ramallosa. "as zonas e epsazos concebidos para os peóns, acabarán converténdose en simples estradas para o paso de vehículos."