Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán inicia o empichado da zona de rodadura de vehículos da Ramallosa

Nigrán inicia o empichado da zona de rodadura de vehículos da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
Obras de empichado en Ramallosa

 

Nigrán inicia o empichado das zonas humanizadas das rúas Romana Baixa, Damas Apostólicas, Camiño dá Cabreira e Tomadas, na zona comercial da Ramallosa que foran obxeto da humanización con cargo ao PlaneE durante o mandato socialista por algo más de 1,6 millóns de euros.

O concello gastará 32.000 euros con cargo ao plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra para as tarefas de empichado e levantamento das lousas de pedra.

Dende o concello sinalan que o rexedor municipal mantivo unha reunión co representate dos veciños e co representante dos comerciantes conxuntament coa empresa encargada da obra e a Policía Local, para coordinar as actuacións na zona e minizar os perxuizos das obras.

As obras comenzaron onte na rúa Cabreira, entre Manuel Lemos e Romana Baixa, polo que este tramo permanecerá pechado ao tráfico. Desde hoy, coordinaremos e informaremos día a día sobre el desarrollo de la obra, que se realizará en el menor tiempo posible, con el fin de no comprometer en exceso ni la calidad de vida de los vecinos ni la actividad comercial de la zona" explica no comunicado o responsable local Alberto Valverde..

As obras, financiada a través do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra, suporá un novo desenbolso de 32.000 euros de diñeiro público. Segundo o concello a actuación "resolverá de forma definitiva o lamentable estado que de forma periódica mostraba o pavimento das rúas afectadas, e o elevado custo da súa reparación. Unha consecuencia directa das chapuzas das obras do PlanE, executadas no anterior mandato, que empregaron materiais non aptos para o tráfico pesado que de forma habitual circula na contorna desta zona comercial", engade o rexedor municipal ainda que dende o concello non se aportaron datos sobre os mencionados custes de mantemento que xustificaron esta actuación.

Reutilización das lousas
O goberno municipal informou que as lousas en bo estado serán retiradas por operarios municipais e reutilizadas noutras actuacións, como pode ser a reposición de laxas no Paseo de Panxón ou no cemiterio de Parada, entre outras.

Os verquidos na Ramallosa e as contradicións do goberno municipal

O conello sinala que a execución permitirá arranxar o problema da conexión de augas fecais á rede de pluviais na zona de Romana Baixa con destino final no "Río Muiños" e insisten en sinalar a responsabilidade do mesmo ás obras de humanización durante as obras de humanización do PlanE. Así memso o goberno local atribúese como seu a detección do verquido en colaboración con Augas de Galicia o pasado mes de decembro por medio dun líquido trazador. "Tal e como adiantei o pasado mes de decembro, resolveremos este grave problema ambiental responsabilidade do goberno anterior, coa execución desta actuación de pavimentación", sinala Valverde.

Pero a realidade dos feitos son outros. A orixe das actuacións teñen como punto de partida a denuncia efectuada polo colectivo Salvemos Monteferro a finais de 2011 ante a Comisión Europea logo de que as contínuas denuncias ante o SEPRONA non conseguisen ningún efecto e os expedientes se amontoasen na consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia e Aguas de Galicia. A Comisión Europea admitiu a trámite a denuncia en xuño de 2012, foi nese punto cando a Unidade de Control de Verquidos dependente do ente Augas de Galicia toma contacto da denuncia efectuada polo colectivo ecoloxista e proponse solucionar e investigar un a un os puntos de verquidos sinalados no mapa virtual realizado por Salvemos Monteferro. 

O cotexo da denuncia do colectivo e a investigación iniciada dende a unidade de control de verquidos acaba na apertura dun expediente ao concello de Nigrán polo verquido da ponte romana da Ramallosa e a obrigatoriedade de presentar un plan de actuación para arranxar o verquido focalizado na conexión das augas fecais á rede de pluviais na rúa Romana Baixa e que estaban contaminando directamente o río Miñor, baixo pena de sanción económica. 

Un verquido anterior ás obras de humanización.

Pese  a que o concello insiste en culpar directamente ás obras de humanización como causantes do verquido no ano 2010, a realidade do problema é moito anterior incluso ao ano 2007 data na que valminor.info se facía eco deste e outros verquidos na Foz do Miñor logo do peche ao marisqueo do esteiro por motivo da elevada concentración de augas fecais. Un problema que segue sen resolverse dende fai case unha década e ten pechado ao marisqueo e incluso ao baño o único espazo Rede Natura 2000 do Val Miñor.