Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia o malgasto de diñeiro público do enlousado e enpichado da Ramallosa

UCN denuncia o malgasto de diñeiro público do enlousado e enpichado da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
Danos no pavimento en Ramallosa

O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), Antonio Fernández, denuncia o malgasto de diñeiro público que supuxo as obras de Rehabilitación das rúas na urbanización da Romana (A Ramallosa), por un importe de 1.663.695,92?, incluídas dentro do Fondo Estatal de Investimento Local (Plan-E), adxudicadas no ano 2009 polo anterior goberno local e finalizadas no ano 2010.

"Apenas 3 anos despois atópanse en deplorable estado, con varios tramos levantados e baldosas rotas, debido tal vez, a unha deficiente execución, ou a un mal deseño, ao proxectar na calzada pavimento en baldosas de pedra, nunha zona onde circulan vehículos pesados, e que o anterior alcalde Efrén Juanes, non tivo en conta." afirma Fernández que engade que "Agora o goberno local pretende investir máis de 30 mil euros para levantar todo e asfaltar, aumentando o malgasto e molestias a veciños e negocios."

Segundo indica Ferández UCN-CDL, xa denunciara no seu día o elevado investimento, así como os riscos que supuña o pavimento en pedra na calzada para unha zona comercial dado o elevado paso de vehículos pesados que abastecen a negocios da zona. "Por desgraza o tempo deunos a razón, e atopámonos desde hai 2 anos coas rúas levantadas -con risco para a circulación-, cun gasto desmesurado de mantemento, sen que ninguén asuma responsabilidades por tal neglixente comportamento. A deficiente atención do goberno local e despois de varias semanas, tiveron a xenial idea de aplicar remiendos de chapapote, facendo máis rechamante o escándalo."

Depurar responsabilidades

Fernández Comesaña, pediu depurar responsabilidades do anterior goberno socialista por permitir devolución da fianza depositada pola empresa construtora como garantía das obras, en contra das advertencias do seu grupo, cando xa empezaban a levantarse lousas. Así memos pediu responsabilidade aos técnicos responsable. As cuestións técnicas que lanza o portavoz centrista sin "Queremos saber: As obras realizadas axústanse ao proxecto aprobado?. Asentáronse as baldosas con morteiro de cemento, sobre soleira de formigón HM-20/P/20/I de 10 cmts de espesor, como figura no proxecto? Que controis se puxeron para vixiar a súa execución?" e pide ao rexedor municipal Alberto Valverde, que aclare todas estas dúbidas, e se depúren responsabilidades, ao existir sospeitas de posibles neglixencias, descontrol  que leva implícito o novo gasto de diñeiro público no asfaltado así como as novas molestias aos comerciantes da zona.