Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Charla de educación vial para pais e nais no Concello de Nigrán.

Charla de educación vial para pais e nais no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A concellaría de Educación e a de Tráfico do concello de Nigrán, a través da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra e en colaboración coa Policía Local de Nigrán, organizou nas últimas semanas charlas informativas cos estudantes de infantil e primaria dos diferentes centros escolares de Nigrán. Estas sesións formativas centráronse nas condutas peonís seguras, a utilización do cinto de seguridade e dos distintos sistemas de retención infantil, a faceta de viaxeiro no vehículo familiar, as boas prácticas no autobús escolar e o uso da bicicleta como elemento de transporte.

 

O peche a esta iniciativa porase cunha charla informativa dirixida pais, nais e titores dos pequenos, que terá lugar este martes 13 de novembro ás 20.00 horas no Salón de Actos do Concello de Nigrán, coa participación do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Educación, Ana Rosa Costas, a coordinadora de Educación Viaria da Xefatura Provincial de Tráfico, María Helena Rodríguez, e Adolfo Suárez, Oficial da Policía Local de Nigrán.

Neste encontro, abordarase a prevención dos accidentes de tráfico dos nenos a través das súas familias, coa colaboración da policía local, como expertos na regulación do tráfico e coñecedores dos hábitos de peóns e condutores da contorna.