Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A colaboración cidadá permite unha nova detención en Nigrán

A colaboración cidadá permite unha nova detención en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A Policía Local de Nigrán detivo na tarde de onte a un home que responde ás iniciais P.L.M., baixo o cal recaía unha orde de procura, detención e ingreso en prisión ditada polo Xulgado do Penal número 3 de Vigo. Esta detención produciuse en coaboración coa Garda Civil, grazas á colaboración dun veciño que informou ao corpo de seguridade local que o detido, xunto con dúas persoas máis, estaba subtraendo un panel informativo municipal na Estrada pola Vía, á altura do restaurante A Costa de Claudia. Na parte traseira do vehículo, a Policía Local incautou unha machada e un bate de beisbol.

 

O alcalde de Nigrán e responsable de Seguridade e Tráfico, Alberto Valverde, agradece a colaboración dos veciños do municipio, "que permitiron efectuar a detención dun individuo baixo o cal recaía unha orde de procura e detención".