Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Valverde sacrificará axudas ás AA.VV. e partidas do arquivo e a casa municipal para acometer novas obras.

Valverde sacrificará axudas ás AA.VV. e partidas do arquivo e a casa municipal para acometer novas obras.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde informou este venres que levará ao pleno de outubro unha modificación de crédito por un valor total de 17.500 euros ca fin de desenvolver obras en distintos eidos do municipio. Nomeadamente, o rexedor proponse mellorar a instalación eléctrica do local do Centro de Información ás Mulleres, rehabilitar o servizo eléctrico á Escola das Nenas e acometer arranxos e a homologación de seguridade do Parque Infantil de Parada.

 

Espir un santo para vestir outro

Nese senso, o rexedor sinalou que sacrificará unha partidas orzamentarias por valor de 13 mil euros, destinadas a unhas obras de reforma no antigo edificio do concello como "consecuencia de la utilización del nuevo, y la adquisición de unas estanterías para el archivo municipal". Desta desviación, 6.500 euros serán destinados a executar a instalación eléctrica da "Escola das Nenas", onde desenvolve as súas actividades a Asociación de Veciños "As Dunas". O resto terá por cometido mellorar e completar a instalación eléctrica no local do CIM, localizado na antiga estación do tranvía de Panxón.

Finalmente, para acometer as obras no parque infantil de Parada, se anuncia outra modificación de crédito por 4.500 euros, que desviará de "Algunas subvenciones de cultura y otras actuaciones de acondicionamiento del viejo edificio", segundo indicou Valverde.

Esta última medida espertou críticas do portavoz do PSOE - Nigrán, Juan González, quen advertiu que os afectados por esta última desviación orzamentaria serán as asociacións veciñais, posto que se quitará parte das subvencións que en materia de cultura tiñan asignadas nos presupostos municipais.

Nese senso, González afirmou que "El deterioro de los Parques Infantiles y su mala imagen es sin lugar a dudas de quien desde hace 18 meses los mal gestiona".

Cruce de acusacións polas obras na Escola das Nenas.

Por outra parte, o socialista sinalou que a Escola das Nenas foi totalmente rehabilitada por un obradoiro de emprego, cunha inversión de 600 mil euros no ano 2008. Agrega que no 2009 o goberno socialista "fue el que lo cedió a la Asociación de Vecinos de Nigrán y desde ese momento realizan allí sus actividades hasta hace 2 meses que este gobierno incapaz no fue capaz de reparar el sistema eléctrico". Nembargante, Valverde sostén que "El pasado mes de agosto este inmueble municipal fue cerrado de forma temporal, como resultado de la ineficacia del anterior gobierno, que una vez finalizadas las obras de reforma de este local, en junio de 2009, nunca dio de alta la luz".