Sábado, 26 Sep. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán O PSOE denuncia a privatización da balización de praias de Nigrán e o contrato asinado con SEGEM.

O PSOE denuncia a privatización da balización de praias de Nigrán e o contrato asinado con SEGEM.

Correo-e Imprimir PDF
praia-panxon-porto
Download this file (segem banderas azuis.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O PSOE denuncia a adxudicación de 3 contratos por valor de máis de 24.000 euros á empresa privada SEGEM. 

A empresa encargarase da balización das praias para a tempada de verán de 2013, unha tarefa que según o lider da oposición,  durante o mandato socialista a realizaban operarios municipais.

González sinalou nun comunicado que o "encargado da empresa SEGEM está vinculado á inspección da entidade privada ADEAC que concede as Bandeiras Azuis". Entidade que negou aos areais de Panxón e Patos tal distinción durante o mandato socialista en "vinganza" - segundo o PSOE- pola non renovación do contrato por valor de 165.000 mil euros anuais que SEGEM tiña asinado co ex alcalde popular Alfredo Rodríguez.

Esta acusación fora nagada en xuño de 2010 pola ADEAC, a través do seu vicepresidente José Palacios, e o entón alcalde Efrén Juanes iniciou una comisión de investigación para estudar se a perda das bandeiras estaba relacionada ou non coa ruptura do contrato coa empresa SEGEM. Unha comisión que segundo o PSOE  "paralizouse coa chegada de Alberto Valverde á alcaldía de Nigrán". 

No mesmo comunicado de denuncia, o PSOE vincula esta nova contratación coa empresa SEGEM ao feito de que "Alberto Valverde conseguirá para o ano 2013 as tan ansiadas bandeiras azuis para Nigrán aínda que sexa a costa de seguir arruinando ao Concello de Nigrán".

Na denuncia, o PSOE informa que con obxectetivo de realizar as tarefas de "balizamento das praias municipais", o Concello de Nigrán adxudicou un contrato por valor de 17.589,88 € o día 11 de xuño pasado á empresa SEGEM. E recentemente outro por valor de 3.540€ en concepto de "Subministro de material de balizamento" con data 25 de xuño de 2012.

Sen socorristas dende o 30 de agosto.

Gonzalez esixiu no seu comunicado que o concello, a través da Mancomunidade  "negocie novamente coa Xunta de Galicia e amplíe a data de finalización dos contratos dos Socorristas". Segundo sinalan a data de finalización do contrao é o próximo 30 de agosto, pese a que a tempada de praias non termina ate o 15 de setembro. "Esperemos que as escusas de carecer de fondos da administración autonómica non acaben levándonos a pasar de pagar 20.000€ este ano a voltar a pagar os 165.00€ que pagaba Alfredo Rodríguez." 

Actualización

En daclaracións a Faro de Vigo e Atlántico Diario, o alcalde Alberto Valverde desminte estas acusacións e declara que o proceso foi unha oferta pública á que se presentaron tres empresas e se optou pola oferta "máis competitiva" . Valverde rexeita nexo algún coa obtención das bandeiras azuis.

O alcalde tamén desmentiu o feito de que estas labores as realizasen operarios muncipais, como apuntaba o comunicado dos socialistas. E mesmo sinala que o custe da anterior adxundicataria era 6.000 euros superior á oferta de SEGEM que tamén se encargará dos wateres públicos.