Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona recupera a bandeira azul en Ribeira

Baiona recupera a bandeira azul en Ribeira

Correo-e Imprimir PDF
A praia Ribeira loce por fin a bandeira azul coa que se recoñece que se atopa nunhas óptimas condicións para os usuarios. O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña e o presidente do Padroado de Turismo Rías Baixas, José María Figueroa, izaron onte este distintivo acompañados polo resto dos membros do goberno municipal.

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor outorgou este distintivo ao comezo da tempada de verán, pero o goberno municipal decidiu non pola durante as obras de rexeneración. Finalizado xa o achegue de area procedente do dragado do Miño, o Adeac volveu a conceder a bandeira logo de realizar unha nova inspección.

Continúa na Voz de Galicia