Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Medio Rural investirá preto de 55.000 euros no asfaltado de tres camiños en Camos

Correo-e Imprimir PDF

Concello-de-NigranO Concello de Nigrán anuncia que a consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia investirá preto de 55.000 euros no asfaltado de tres camiños na parroquia de Camos, nunha actuación enmarcada dentro do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM).

Socialistas revelan máis datos sobre urbanizacións previstas na actual redacción do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

mapa-clasificacion-pxom-nigBaseados nunha copia da documentación do PXOM que obraría en su poder, o PSOE de Nigrán revelou esta tarde que o novo Plan inclúe 8 APIS (Áreas de planeamento incorporado), 20 PERIS (Plans Especiais de Reforma Interior), 10 SUD (solo urbanizable delimitado) e 32 Polígonos, "a grande maioría absolutamente in-desarrollables e que condenarán aos propietarios pagar dende a súa aprobación IBI urbano". "O problema do PXOM de Alberto Valverde non está no nulo crecemento das parroquias senón no desmesurado crecemento das zonas de costa", opinou a través dun comunicado o portavoz socialista Juan González.

Os documentos do PXOM de Nigrán terán publicidade despois da súa presentación oficial cara ao Pleno.

Correo-e Imprimir PDF

ponte-romanaOs documentos do PXOM de Nigrán non serán dados a coñecer de forma pública ata despois da súa presentación oficial no Concello, cara a súa aprobación inicial no Pleno. Así o adiantaron esta tarde fontes do goberno municipal, sinalando que unha publicación oficial previa por parte da administración contravén as normas que rexen a tramitación deste tipo de expedientes. Nembargante, o alcalde Alberto Valverde anunciou unha próxima rolda informativa con tódolos interesados, grupos políticos e veciñanza, cara a brindar un balance das negociacións coa Xunta de Galicia e a actual situación do expediente.

UCN-CDL de Nigrán ameaza deixar as reunións do PXOM se non hai "transparencia" por parte do alcalde.

Correo-e Imprimir PDF

fcomesaasolo-O concelleiro Antonio Fernández Comesaña responsabiliza ao PSOE de supostas entregas de información privilexiada do PXOM a promotores e amigos.

-UCN-CDL rexeita as restricións feitas pola Xunta de Galicia ás estimación de crecemento demográfico dos núcleos rurais de Nigrán.

Nigrán abre inscricións para o programa Benestar en Balnearios 2012 da Xunta de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

Balneario-de-GuitirizA concellaría de Benestar Social e Sanidade do Concello de Nigrán informa da convocatoria do programa Benestar en Balnearios 2012, da consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galcia, dirixida a maiores de 65 anos e pensionista con 60 anos. Este ano, o programa convoca un total de 720 prazas en balnearios das catro provincias na modalidade de "todo incluído", sendo o desprazamento por conta dos beneficiarios.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL