Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán abre inscricións para o programa Benestar en Balnearios 2012 da Xunta de Galicia.

Nigrán abre inscricións para o programa Benestar en Balnearios 2012 da Xunta de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
Balneario-de-Guitiriz

A concellaría de Benestar Social e Sanidade do Concello de Nigrán informa da convocatoria do programa Benestar en Balnearios 2012, da consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galcia, dirixida a maiores de 65 anos e pensionista con 60 anos. Este ano, o programa convoca un total de 720 prazas en balnearios das catro provincias na modalidade de "todo incluído", sendo o desprazamento por conta dos beneficiarios.

 

As solicitudes deberán presentarse no departamento de Servicios Sociais do Concello de Nigrán até o vindeiro 8 de maio, previa cita no teléfono 986 365 000, extensión 4, acompañadas da fotocopia do DNI do solicitante e do acompañante, se procede, declaración responsable das condicións de saúde, tarxeta sanitaria e datos económicos.