Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Esquerda Unida de Nigrán rexeita a utilización política do PXOM e solicita unha comisión investigadora.

Correo-e Imprimir PDF

Porto do MolleEsquerda Unida esixe ao Concello de Nigrán que sexan publicados todos os documentos relativos ao Plan Xeral de Ordenamento Municipal, e non só se informe deles aos grupos municipais e membros do Consello Sectorial. A agrupación de esquerdas -sen representación no pleno municipal- tamén acusa a populares e socialistas de facer "unha utilización política da tramitación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal".

Redes e anzois, posibles causas da morte do cachalote atopado en Panxón

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe do cachalote varado en Panxón - Imaxe: CEMMAEsta mañá, logo de cinco horas de traballo, concluiu a labor de retirada do cachalote no areal de Panxón.

Os técnicos de CEMMA acharon anzois e restos de redes de pesca no estómago do animal.

Invasión xurásica en Nigrán: a exposición Dinosauros Park se instala en Praia América.

Correo-e Imprimir PDF

dinosauros-parkO Concello de Nigrán presentou hoxe en rolda de prensa Dinosauros Park, unha exposición de máis de 2.000 metros cadrados que albergará máis de 50 réplicas a escala real de dinosauros de 30 especies diferentes, e que permanecerá aberta ao público entre o 28 de abril e o 23 de setembro en Praia América.

O temporal arrastra un cachalote morto ata o areal de Panxón

Correo-e Imprimir PDF

 

Cachalote de 10 metros varado en Panxón - Imaxe CEMMAO temporal arrastra ata os areais de Panxón, un cachalote morto de 10 metros de lonxitude.

Durante a mañá, de onte mércores día 25, o CEMMA recibíu diversos avisos por parte dos mariñeiros de Panxón, Confraría de Baiona e Concello de Nigrán sobre a presenza dunha balea morta dentro da enseada de Panxón e a piques de varar.

Socialistas publican en Internet os novos planos do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

mapa-solo-pxom-nigranA desconfianza entre goberno e oposición chega ao seus máximos en Nigrán. O PSOE decidiu esta tarde facer público en Internet os planos de Ordenación Territorial e Clasificación de Solo do PXOM actualmente en trámite, que o alcalde Alberto Valverde mantiña ate o de agora baixo celosa custodia.

Os socialistas din publicalos nun acto de "transparencia", logo de constatar que os mesmos difiren dos consensuados durante o seu goberno co Consello Sectorial e as entidades veciñais. Tamén como resposta ao "secuestro" que fixo o alcalde do PXOM "dende a súa chegada á alcaldía" e por sentirse "directamente" aludidos polas acusacións de "filtracións" mal intencionadas feitas por Valverde esta mañá, segundo declaracións do concelleiro Juan González (PSOE).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL