Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Reunión de portavoces municipais en Nigrán cara ao análise dos informes da Xunta sobre o PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

 

MonteferroO alcalde de Nigrán, Alberto Valverde convocou á xunta de portavoces municipais para o próximo xoves, 27 de abril co obxectivo de analizar os informes técnicos achegados onte dende a Xunta de Galicia co respecto ao Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). Os mesmos foron elaborados polas Consellarías de Medio Ambiente e Urbanismo e serán presentados pola empresa redactora cara os seu estudo e análise. Valverde proponse ter a aprobación inicial do documento no transcurso deste verán.

Nigrán recoñecerá cun premio anual a contribución ao municipio de colectivos e persoas .

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán anuncia a creación dos Premios Nigrán 2012. Unha convocatoria coa que a administración intenta "recoñecer de forma pública á traxectoria e aportación ó municipio de particulares, empresas e colectivos de Nigrán ó longo da súa historia". A Concellería de Cultura anunciou para o vindeiro venres 18 de maio o acto de entrega dos premios, sesión que incluirá na súa primeira edición unha homenaxe aos alcaldes de Nigrán "da etapa democrática", con motivo do trinta e tres aniversario das primeiras eleccións municipais.

Efrén Juanes presentará querela criminal contra o portavoz da UCN-CDL Antonio Fernández Comesaña.

Correo-e Imprimir PDF

Efrn-JuanesO ex alcalde socialista de Nigrán, Efrén Juanes, anunciou a presentación dunha querela criminal contra o portavoz da Unión Centrista de Nigrán (UCN - CDL), Antonio Fernández Comesaña, por "desprestixiar á súa familia", ao asegurar que ten intereses urbanísticos relacionados co desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal. "Pensa o ladrón que todos son da súa condición", ironizou Juanes nun comunicado público emitido esta tarde en contestación ás acusacións de Fernández Comesaña.

Sácase a concurso a concesión da cafetería do complexo deportivo municipal "Dunas de Gaifar"

Correo-e Imprimir PDF

gaifar 1
- O anuncio será publicado a vindeira semana no Boletín Oficial de Pontevedra.

-O Concello de Nigrán anuncia que quere ter operativo o complexo para este verán.

A Policía Autonómica e Augas de Galicia inspeccionan intervencións do Concello de Nigrán no Río Muíños.

Correo-e Imprimir PDF

muinos10 04_2012_2A Policía Autonómica e Augas de Galicia inspeccionaron esta mañá a canle do Río Muíños co fin de valorar e informar sobre as actuacións que está a desenvolver o Concello de Nigrán e que foran denunciadas polo PSOE por presuntas irregularidades. O concelleiro Juan González (PSOE) advertiu nesta xornada que "no día de onte desprazaron o caudal do río Muíños, encofraron e botaron formigón sobre o leito do mesmo", á vez que confirmou que os feito están en mans da Fiscalía.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL