Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Xa está operativa a Oficina de Turismo en Dunas de Gaifar.

Correo-e Imprimir PDF

panxonA Concellería de Turismo, Cultura e Deportes de Nigrán informou esta mañá que se atopa aberta ao público dende o pasado 1 de abril a súa Oficina de Turismo en Dunas de Gaifar (Panxón). A mesma estará aberta os sete días da semana no horario de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 20:00 horas.

Aberto o prazo de inscrición en cursos para desempregados no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

prevencion-riesgos-laboralesA Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán informa que ven de abrir o prazo de inscrición nun curso de formación gratuíto dirixido, preferentemente, a persoas desempregadas e empadroadas en Nigrán que desexen adquirir coñecementos na rama da prevención de riscos laborais.

Populares de Nigrán defenderon a reordenación de fondeos en Panxón proposta por Portos de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

porto panxon
A maioría popular no pleno da corporación de Nigrán rexeitou esta mañá a proposta da moción dos socialistas cara a paralizar as obras da liña de pasaxeiros (Baiona -Panxón - Illas Cíes), no porto de Panxón. A proposta do PSOE instaba a Portos de Galicia a elaborar un estudo de viabilidade das mesmas que, de forma previa, solucionase "a ubicación e seguridade das embarcacións e mariñeiros de Panxón". Pola contra, os populares sacaron adiante unha "moción de enmienda" na que se salienta o apoio da administración local ao proxecto da liña naviera "garantizando a súa compatibilidade co traballo dos mariñeiros de Panxón".

A concellaría de Seguridade e Tráfico de Nigrán advirte cortes de rúas para este domingo.

Correo-e Imprimir PDF

tips-para-maratonO vindeiro domingo 25 de marzo celébrase a media maratón VIG-BAY entre Vigo e Baiona, cuxa saída esta prevista para as 10:30 horas da cidade olívica. A organización estima que a entrada dos corredores no municipio terá lugar cara ás 10:55 horas.

Socialistas presentan as súas condicións para volver a participar nas reunións do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O portavoz socialista solicita o acceso aberto ao PXOMO PSOE de Nigrán ingresou este xoves por rexistro municipal un documento onde fai saber ao goberno popular as súas condicións cara a un futuro apoio á aprobación do PXOM, actualmente en trámite. Nese senso reclama a eliminación da "autovía urbana" que unirá A Xunqueira, con Porto de Molle, Saiáns e finalizará en A Balsa en Vigo. Tamén solicitan a presentación do documento tanto aos grupos municipais como aos colectivos do Consello Sectorial, antes de que sexa levado ao pleno de aprobación inicial.

Por último, os socialistas reclaman unha rectificación pública por parte da alcaldía presidida por Alberto Valverde e do seu partido (PP), polas acusacións de ocultar o documento "con fins electorais" en maio de 2011, daquela tramitado pola administración socialista de Efrén Juanes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL