Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Ecoloxistas alertan sobre a posible recualificación de 20 mil m2 protexidos de Monteferro como urbanizables.

Correo-e Imprimir PDF

Os ecoloxistas temen novas recalificacións no novo PXOM de Nigrán

A asociación ecoloxista Salvemos Monteferro manifestou hoxe a súa preocupación pola situación da península no futuro PXOM de Nigrán, a estudo actualmente por parte da Xunta de Galicia para a súa aprobación inicial.

Os ecoloxistas desminten que os colectivos membros do consello sectorial tiveran aceso ao último documento remitido á Xunta. 

Nigrán solicita a posibilidade de tramitar o DNI no municipio.

Correo-e Imprimir PDF

dni-electronicoO alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, reuniuse hoxe co novo delegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello, na capital da provincia. A tramitación do DNI electrónico en Nigrán e unha maior colaboración da Garda Civil coa Policía Local para manter a orde e a seguridade en determinados puntos do municipio foron os principais asuntos abordados neste encontro.

Escindidos do BNG de Nigrán queren integrarse ao Encontro Irmandiño.

Correo-e Imprimir PDF

AEN inicia conversas co Encontro Irmandiño liderado por X.M. BeirasO grupo Alternativa de Esquerdas de Nigrán (AEN) - escindido do BNG meses antes das municipais de 2011- está a manter un diálogo de aproximación co Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras. O grupo, liderado polos ex concelleiros nacionalistas de Nigrán, David Giráldez, Xan Lois Cabreira e Anxo Valverde Pino, afirman estar dispostos a "participar no Encontro Irmandiño", logo dos primeiros contactos entre ambas as dúas agrupacións, así como integrar unha futura comisión negociadora.

Comerciantes e o Concello de Nigrán preparan medidas contra a crise e o desemprego.

Correo-e Imprimir PDF

vender-mas-300x300A Mesa Local de Comercio de Nigrán decidiu levar adiante unha serie de medidas co fin de reactivar ao comercio local, á vez que afrontar a crise do emprego no municipio. Para iso aprobouse solicitar diversas liñas de subvencións ás administración provincial e autonómica para a creación de obradoiros de formación con contratos de emprego, feiras de saldos do pequeno comercio, e un concurso de terrazas no verán.

O alcalde de Nigrán reclama á Xunta a débeda pola expropiación do almacén municipal en 2009.

Correo-e Imprimir PDF

Valverde-recibe-a-la-delegaA memoria ben vale en materia das finanzas. Aproveitando unha visita ao novo edificio consistorial de Nigrán -a piques de inaugurarse- , de María José Bravo, delegada da Xunta de Galicia en Vigo, o alcalde Alberto Valverde lembroulle algúns asuntos pendentes coa administración autonómica. Entre eles, fíxolle fincapé nos cartos da expropiación do vello almacén municipal d'A Lagoíña en 2009, por mor dos accesos a Porto de Molle,e que aínda non chegaron ás arcas do Concello.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL