Luns, 28 Sep. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Ecoloxistas alertan sobre a posible recualificación de 20 mil m2 protexidos de Monteferro como urbanizables.

Ecoloxistas alertan sobre a posible recualificación de 20 mil m2 protexidos de Monteferro como urbanizables.

Correo-e Imprimir PDF
Os ecoloxistas temen novas recalificacións no novo PXOM de Nigrán
Monteferro no Documento de Inicio do PXOM
Monteferro no Documento de Avance do PXOM
Monteferro no Plan de Ordenación do Litoral (POL)
Download this file (actacs.pdf)
Download this file (Acta29_07_2010.pdf)
Download this file (cssm.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 7
  • Seguinte

A asociación ecoloxista Salvemos Monteferro manifestou hoxe a súa preocupación pola situación da península no futuro PXOM de Nigrán, a estudo actualmente por parte da Xunta de Galicia para a súa aprobación inicial.

Os ecoloxistas desminten que os colectivos membros do consello sectorial tiveran aceso ao último documento remitido á Xunta. 

Nomeadamente, advirten sobre unha posible recualificación de 20 mil metros cadrados da zona norte de Monteferro, correspondentes as áreas de solo de protección que poderían pasar a ser urbanizables na actual redacción do documento.

"Desde esta asociación, xa hai tempo que vimos denunciando os incansables intentos de seguir rabuñando, pouco a pouco pero sen pausa, a península de Monteferro", manifesta nun comunicado o grupo ecoloxista. Agregan que no documento de Avance do PXOM, "xa advertíamos que 20.000 metros cadrados da zona norte de Monteferro pretendían ser declarados urbanizables. 20.000 metros cadrados que non aparecían como urbanizables no Documento de Inicio. Descoñecemos como quedará clasificado agora que foi enviado á Xunta para a súa aprobación inicial, pero visto o visto, non agoiramos nada bo."

A zona en cuestión corresponde a chans rústicos, baixo Proteccións de Espazos Naturais e outras de igual cualificación pero baixo protección de Costas. Espazos que mantiñan esa característica no documento de inicio do PXOM pero que foron modificadas no Documento de Avance redactado durante o mandato socialista. Os ecoloxistas lembran novamente as conclusións aprobadas polos colectivos que forman parte do Consello Sectorial que formaron parte activa na redacción do documento, conclusións que foron ratificadas nun pleno extraordinario o 29 de xullo de 2010 e aprobadas por maioría por socialistas e populares.

 

Propostas do Consello Sectorial referidas a Monteferro

Consideramos que o PXOM debe integrar e aumentar as medidas protectoras de Monteferro que conteñen as actuais normas subsidiarias, impedindo a instalación de iluminación, mobiliario urbano, etc. así como ningún tipo de explotación comercial, aparcamentos, valados, miradoiros artificializados, nin a apertura de novos camiños ou a ampliación dos existentes; nin tampouco servizos innecesarios como saneamento, traída de auga potable, asfaltado de camiños, movemento de terras, recheos ou outras intervencións que modifiquen o carácter de espazo natural, que é a maior riqueza que para Nigrán representa Monteferro. O tránsito motorizado debería quedar terminantemente prohibido en todo o ámbito protexido pola actual ordenanza 17, coas excepcións do camiño principal xa asfaltado, dos traballos que teña que realizar a comunidade de montes para o seu aproveitamento forestal ou dos derivados de situacións de emerxencia (policía, ambulancia, protección civil, bombeiros, etc.) ou outras labores de mantemento necesarios.

Falta de información e acceso ao PXOM

Salvemos Monteferro expresa tamén a súa preocupación pola ausencia de información sobre o documento do PXOM actualmente en estudo. "Por que non se fixo público o documento previo á aprobación inicial do PXOM enviado á Xunta de Galicia? Cónstanos que o concello non está obrigado a iso, pero tampouco está obrigado a gardalo baixo chave. Se non hai nada que ocultar, a súa publicación sería un bo exercicio de democracia e transparencia política do que o PP de Nigrán parece carecer", agregan.

Os ecoloxistas tamén lamentan que na derradeira reunión do Consello Sectorial "non se facilitou documento ningún aos colectivos"  en respota ás pasadas afirmacións do alcalde sobre o aceso ao documento urbanístico antes de ser entregado á Xunta.

Nembargantes a asociación declara que agarda "que o que se defendía na oposición, se defenda tamén agora no goberno de Nigrán e que o Sr. Alcalde asuma o rubricado por unanimidade no Pleno Municipal de Xullo de 2010."