Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Alberto Valverde nega que o PXOM medre a urbanización na costa pero omite falar do vial de alta capacidade Saiáns - Vilariño

Alberto Valverde nega que o PXOM medre a urbanización na costa pero omite falar do vial de alta capacidade Saiáns - Vilariño

Correo-e Imprimir PDF
Alberto-Valverde

O alcalde de Nigrán non demorou en responder. A poucos minutos da publicación do comunicado do grupo municipal socialista, o rexedor popular sae ao cruce tanto das versións publicadas en prensa como das acusacións do concelleiro Juan González. Nese senso, afirmou que "son filtraciones motivadas por intereses partidistas" e que o seu goberno non se fará responsable "de unas filtraciones de contenidos falsos, cuyo único objetivo es generar inseguridad y malestar entre los vecinos y vecinas de nuestro municipio."

 Valverde acaba de asegurar nunha nota de prensa que "el documento que está siendo examinado por la Xunta de Galicia no contiene los datos reflejados en la prensa este fin de semana". Argumenta que o "Plan General de Ordenación Municipal (PGOM) no contempla ni una sola actuación contraria al Plan de Ordenación del Litoral (POL) ni a la Ley de Costas". Nembargante, o escrito non fai mención algunha á polémica construción do vial de alta capacidade proxectado no Plan Move da Xunta e que enlazaría dende Saiáns - Porto do Molle e Vilariño. Un vial que foi rexeitado con anterioridade por todos os partidos políticos municipais sen excepción.

O vial do Plan Move - Vigo - Balsa Saiáns - Porto do Molle  - Vilariño

Segundo a información en prensa, o PXOM daría vía libre á construción do vial de alta capacidade que comunicaría Nigrán, dende a estrada A Ramallosa-Gondomar, á altura de Vilariño, ata a parroquia de Saiáns enlazando coa polémica Ronda de Vigo que non está contemplada no PXOM da cidade olívica. Este vial de alta capacidade recollido na escasa documentación que existe do Plan Move, atravesaría o municipio de Norte a Sur pasando pola parroquia de San Pedro, Porto de Molle, o centro de Nigrán ata a viguesa parroquia de Saiáns onde terminaría morrendo xa que non existe conexión proxectada para a súa continuidade.

O polémico vial, foi defendido en varias ocasións polo actual rexedor, malia que na súa anterior etapa como oposición o propio PP o rexeitara e mesmo presentara alegacións. O vial é cuestionado pola oposición, argumentando que ocasionará afectacións a fincas e ata destrución de casas dos veciños. O Consello Sectorial que traballou nas tarefas previas do PXOM de Nigrán tamén rexeitou este vial xa que non existía un plan de mobilidade que xustificara a súa utilidade técnicamente.

Monteferro e Monte Lourido

"Aseverar que o PXOM permitirá la construción do 100% da península de Monte Lourido es absolutamente falso", manifesta Valverde, no devandito comunicado. "Este nuevo documento actuará como un instrumento de gestión urbanística, siempre amparado por la Ley de Costas y el POL, que permita a los actuales propietarios acometer actuaciones de mejora de sus propiedades así como la mejora y mantenimiento de las zonas verdes, y no la construcción de un solo metro cuadrado más de los que hay hoy, como se afirma en los medios".

Agrega que a "idea de los PERI de Monte Lourido y Monteferro es, siguiendo las directrices del POL, mejorar lo existente, y para ello se delimita un suelo urbano no consolidado, donde su único objetivo es conseguir dotaciones y zonas verdes públicas, y la edificabilidad asignada es absorvida por las viviendas ya existentes, sin que se pueda construir más". No escrito o rexedor non adianta cal será o camiño a seguir con aquelas construcións que se fixeran sen licenza.

Núcleos rurais

O rexedor de Nigrán asevera tamén que a afirmación de que o novo PXOM dá prioridade ao crecemento costeiro é "un absurdo". Asegura que o documento que actualmente está en posesión da administración autonómica dará "mayor crecimiento a las parroquias del interior". Nese senso asegura que as levará "a su máxima expresión, dentro de lo permitido por la legislación vigente".

Consello Sectorial

Por outra banda, o alcalde argumenta que antes de que o documento fora remitido á Xunta de Galicia para el análise previo a súa aprobación inicial, o seu goberno convocou a dous reunións para abordar o contido do PXOM, unha coas asociacións de veciños e outra co Consello Sectorial, "a las cuales también fueron convocados los grupos políticos de la oposición", agrega.

Ataque político.

"Éramos conscientes de que este documento, de vital importancia para el futuro de Nigrán, iba a ser usado como un arma política, con el objetivo de intentar que se repitan los lamentables acontecimientos de 2006", afirma Valverde. Una situación que Valverde asegura que "no se va a producir, ya que el documento que está siendo examinado por la Xunta de Galicia no contiene los datos reflejados en la prensa este fin de semana", completa.