Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O BNG de Nigrán esixe que sexa Zona Franca a que sufrague a ampliación da ETAP de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

ETAP nigran_condominguezO portavoz do nacionalista, Xavier Rodríguez, manifestou nun comunicado a posición do BNG de Nigrán no referente ao ante proxecto de ampliación da estación de potabilizadora de Consominguez aprobado no último pleno cos únicos votos do goberno do Partido Popular.

As obras teñen un custo de máis de 1,2 millóns de euros que según o convenio con Augas de Galicia, sufragarase cun incremento do servizo que pagarán todos os cidadáns e empresas do concello.

Agora o concello non quere pagar polo meu traballo.

Correo-e Imprimir PDF

Jose Antonio Villaverde, escultor da parroquia de Vilariño, iniciou estes días unha protesta diante do concello de Nigrán e na ponte románica de A Ramallosa para reclamar o pago de dúas esculturas de pedra que realizou durante o mandato do anterior goberno socialista de Nigrán.
"A min encargáronme unha peza escultórica para a ponte da Ramallosa, por onde pasa o novo camiño de Santiago pola Costa e agora ninguén se quere facer cargo de pagarme o traballo" esta é a reclamación que Jose Antonio Villaverde inicia despois de que as tallas leven case un ano colocadas ao público.

O Pleno de Nigrán dá luz verde á construción do Punto Limpo e a ampliación da ETAP.

Correo-e Imprimir PDF

Alberto-ValverdeNunha xornada considerada "histórica" polos populares o Pleno de Nigrán aprobou nunha mesma sesión o proxecto de construción do Punto Limpo municipal e o polémico convenio con Augas de Galicia para a ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable ETAP de Condomínguez. Na mesma xuntanza foi ratificado por unanimidade o acordo da Mancomunidade do Val Miñor sobre o servizo do Centro de Día.

Nigrán subirá o prezo do recibo da auga para sufragar as obras de ampliación da ETAP

Correo-e Imprimir PDF

Visita do conselleiro de medioambiente o pasado veránO pleno de Nigrán debatirá hoxe a aprovación dun convenio co organismo autónomo Augas de Galicia para a realización das obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Condominguez para poder cubrir a demanda de auga potable que xerará o novo Parque Empresarial de Porto do Molle.

O PSOE denuncia que o convenio establece un incremento do recibo da auga para sufragar o total da obra que ascende a máis de 1 millón de euros.

Socialistas denuncian a confirmación dun "trato de favor" do alcalde de Nigrán no aluguer do depósito municipal.

Correo-e Imprimir PDF

nave-rua-dos-pazos-Pola súa banda, o alcalde popular Alberto Valverde, sinala que trátase da mesma propiedade cos socialistas intentaron mercar durante o goberno de Efrén Juanes por un valor de 2 millóns de euros.

Medra a polémica sobre o proceso de licitación do aluguer dun Depósito - Almacén municipal para o Concello de Nigrán convocado o pasado 24 de xaneiro. Sen ter o proceso de adxudicación rematado, funcionarios e maquinaria municipal xa traballan nunha nave privada denunciada polo PSOE o mesmo día da convocatoria como "beneficiaria" a través dun "trato de favor" do alcalde Alberto Valverde co seu propietario. Pola súa banda, o alcalde argumenta que estas intervencións ten por obxecto "adiantar traballo", por ser "única oferta presentada" na convocatoria, coincidindo que trátase da "mencionada no comunicado do PSOE". Unha nave que segundo Valverde o anterior goberno do PSOE intentou mercar por valor de 2 millóns de euros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL