Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A Fundación Menela recibe 15 mil euros para o seu centro terapéutico Castro Navás, en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

valverdefigueroacipriano
A Deputación de Pontevedra entregou esta tarde unha unha subvención de 15 mil euros á Fundación Manela para o seu centro Castro Navás en Priegue-Nigrán. A fundación que brinda asistencia a persoas maiores con autismo e dependencia destinará os fondos para financiar o proxecto "Adaptación de Espazos no Centro Residencial para Persoas Maiores con Autismo e Dependencia".

O PSOE denuncia un trato de favor no concurso público de 198.240 euros dunha nave en aluguer

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe frontal da nave situada na Rúa do Pazos que o PSOE sinala como gañadora do concurso público

-Socialistas denuncian públicamente que a nave a contratar en aluguer polo concello de Nigrán "xa está apalabrada e pechada a súa contratación" polo propio alcalde antes de iniciar o procedemento público.

- Juan González, reclamou a realización dun novo concurso público que garantice a trasparencia do procedemento.

Medra a polémica en Nigrán sobre a transparencia do concurso público de aluguer dunha nave-taller-almacén iniciado polo Concello o pasado día 24. O portavoz dos socialistas, Juan González, denunciou públicamente que "a nave a contratar xa está apalabrada, e pechada a súa contratación por Alberto Valverde, antes de iniciar o procedemento público."  Segundo González, trataríase dunha antiga nave situada na Rúa dos Pazos, na Tarela en Nigrán; unha nave que según os socialistas  non podería ser obxeto de contratación xa que  "é unha construción totalmente ilegal e polo tanto elo imposibilita a unha administración contratala". 

Valverde unificará os depósitos municipais cunha convocatoria que esperta críticas na oposición.

Correo-e Imprimir PDF

Concello-de-NigranO Concello de Nigrán quere unificar nun só local os depósitos municipais co fin de aforrar máis de 11 mil euros, según os cálculos da propia administración. Para iso emitiu unha convocatoria pública para a presentación de ofertas de "nave o taller-almacén municipal" o pasado luns 23 de xaneiro que levantou críticas e sospeitas na oposición pola brevidade do prazo. Ademais, o local solicitado no anuncio presenta certas especificidades e unhas condicións que levaron a afirmar ao concelleiro Juan González (PSOE) que "dá a sensación de que xa se sabe a quen, onde e como se vai contratar a nave."

O Concello de Nigrán inicia obras de mellora nas instalacións do CEIP Carlos Casares.

Correo-e Imprimir PDF

obras-colegio-carlos-casareA concellaría de Educación do Concello de Nigrán está realizando obras de mellora das instalacións do colexio público Carlos Casares, en Vilariño, cun investimento valorado en 15.000 euros. Estas obras, que afectan á zona exterior do centro, concrétanse co asfaltado do patio de acceso e da zona traseira do centro, así como coa rampla de acceso á pista polideportiva.

Nigrán asegura ter presentado o exercicio 2010 ante o Consello de Contas, pero este non o rexistra.

Correo-e Imprimir PDF

Alberto-ValverdeO alcalde Alberto Valverde asegurou nesta xornada que o Departamento de Intervención de Nigrán presentou as contas do exercicio do 2010 no pasado mes de decembro ante o Consello de Contas de Galicia. Nembargante, o informe oficial elaborado polo organismo autonómico o pasado mércores 18 de xaneiro non rexistra tal presentación. A contradición non é menor ao estar en xogo o acceso ás subvencións que outorga a Xunta de Galicia aos Concellos, as que están entre outros aspectos condicionadas ao cumprimento deste trámite.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL