Venres, 5 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A policía local de Nigrán comeza a retirar vehículos abandonados nas estradas do municipio.

Correo-e Imprimir PDF

Coche-abandonado-en-la-bajaO Concello de Nigrán puxo en marcha unha campaña de inspección e posterior retirada de vehículos abandonados na vía pública dentro do termo municipal. “Si al cabo de un mes desde el día de su notificación el vehículo no es retirado de la vía pública, la Policía Local procederá a su retirada y a la imposición de la sanción correspondiente”, informou o rexedor Alberto Valverde.

Rubén Rial Sánchez, novo secretario xeral do PSOE de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

ruben-rial-sanchezOs militantes socialistas de Nigrán elixiron ao actual concelleiro Rubén Rial Sánchez como novo secretario xeral do PSOE no municipio. Así, Rial substituirá ao tamén concelleiro Manuel Doldán, quen cumpría esa función no PSOE de Nigrán ata de agora. A decisión foi tomada por maioría absoluta (só unha abstención) nunha asemblea extraordinaria desenvolvida o pasado sábado 14 de xaneiro.

Corte de rúas en Nigrán por obras na Carreteira pola Vía.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán informa que con motivo das obras da rotonda de Panxón na PO-325 as rúas Mariñeiro entre Jesús Espinosa e a PO-325 e a rúa Gondomar á altura do cemiterio permanecerán pechadas os días 17, 18 e 19 de xaneiro. Habilitarase un acceso para os residentes a través da rúa Jesús Espinosa. O acceso provisional a Panxón realizarase pola Rúa Costa da Barxa e As Barrocas.  Ao mesmo tempo as rúas Area Alta e Fontiña pasarán a ter sentido único de circulación.

O BNG de Nigrán presenta unha iniciativa para dotar de seguridade peonil aos accesos da Autoestrada en Vilariño.

Correo-e Imprimir PDF

Os viandantes que circulan pola carreteira A Ramallosa - Gondomar atopan unha verdadeira aventura diaria ao intentar circunvalar a rotonda situada baixo o viaduto da Autoestrada do Val Miñor (AG-57), á altura de Vilariño. A ausencia de pasos ou balados de seguridade peonil, expón aos transeúntes a sufrir algún tipo de accidente. Por riba, o enclave atópase nunha zona moi transitada por mor da súa veciñanza co Centro de Saúde do Val Miñor (A Xunqueira) e o centro de ensino Escolas Proval. O BNG de Nigrán exporá no próximo pleno municipal un acordo a fin de que o goberno local interceda ante a Xunta para solucionar o problema.

EU de Nigrán denuncia que o PP baixou un 20% os investimentos en promoción de emprego no municipio.

Correo-e Imprimir PDF

eunigranAs contas públicas e o orzamento de Nigrán seguen a debate entre os grupos políticos do municipio. Esquerda Unida prepara un acto público para este venres onde denunciará que ademais da polémica suba do IBI a case un 20% no municipio, un estudo do recente orzamento revela que os investimentos en promoción do emprego baixan nun 20% co respecto ao anterior, nun contexto de case 1.700 veciños desempregados. Una cifra por demais superior ao descenso de menos dun 9% rexistrado nos recortes feitos pola Xunta de Galicia no mesmo eido.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL