Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU de Nigrán denuncia que o PP baixou un 20% os investimentos en promoción de emprego no municipio.

EU de Nigrán denuncia que o PP baixou un 20% os investimentos en promoción de emprego no municipio.

Correo-e Imprimir PDF
eunigran

As contas públicas e o orzamento de Nigrán seguen a debate entre os grupos políticos do municipio. Esquerda Unida prepara un acto público para este venres onde denunciará que ademais da polémica suba do IBI a case un 20% no municipio, un estudo do recente orzamento revela que os investimentos en promoción do emprego baixan nun 20% co respecto ao anterior, nun contexto de case 1.700 veciños desempregados. Una cifra por demais superior ao descenso de menos dun 9% rexistrado nos recortes feitos pola Xunta de Galicia no mesmo eido.

 

Acto público de EU en Priegue para informar sobre o orzamento municipal 2012

A agrupación de esquerdas, que non ten representación na corporación municipal, celebrará este venres 13 ás 20:00 horas, no C.R.C. O Torreiro de Priegue un acto público onde exporá un estudo do recentemente aprobado orzamento municipal por entender que o mesmo "beneficia o gasto dos órganos de goberno e as externalizacións de servizos, por riba dos servizos público básicos".

Estudo comparativo dos orzamentos 2010 - 2012.

Ao mesmo tempo, EU prepara para o vindeiro sábado, a publicación na súa web dun estudo comparativo do orzamento do Concello de Nigrán aprobado para o 2012, co respecto ás contas xerais do 2010. Nese traballo fundamentará a súa acusación de que o actual goberno de Nigrán, optou no recentemente aprobado orzamento municipal, por aumentar os gastos dos órganos de goberno e do área das actuacións de carácter xeral, prexudicando as actuacións nas áreas de servizos públicos básicos. Nomeadamente, EU denuncia baixas nos investimentos en" actuacións de protección e promoción social, produción de bens públicos de carácter preferente e actuacións de carácter económico, que redundarían efectivamente nunha mellor calidade de vida da cidadanía de Nigrán".

Tanto no acto como no estudo a publicar, EU salientará, segundo avanzara nun comunicado, que o actual orzamento fai unha diminución nas inversións reais en case un 50%. Tamén informa que a súa vixencia provocará o aumento dos gastos correntes nun 14,82% e na débeda nun 82,78%.

EU acusa ao PP e ao PSOE de medrar a privatización de servizos públicos.

A agrupación valora que o aumento dos gastos correntes é consecuencia dunha política de "privatizacións e externalizacións de servizos, que realizan tanto o PSOE como o PP". Nese senso sinala que os servizos públicos e actividades propias do concello" externalizadas, tanto a empresas privadas como a organismos público supoñen a 3,25 millóns de euros".

Destacan como especialmente significativo os gastos en xestión de tributos (Recadación ORAL) de 410.000 euros. Así como o de xestión da recadación de multas de tráfico. 35.000 euros, un 28% do que se espera recadar por multas de tráfico.