Venres, 5 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Nigrán retoma a campaña “Este inverno, presume de praceiro”

Correo-e Imprimir PDF

presume placeiro2Xa está en marcha a campaña "Este inverno, presume de praceiro/a" a que retoma a súa actividade en Nigrán. Esta iniciativa, desenvolvida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Concellaría de Promoción empresarial, Comercio e Emprego de Nigrán, persegue incentivar as vendas nos mercados tradicionais así como premiar a fidelidade dos clientes con cheques desconto de 75, 50 e 25 euros.

O Concello de Nigrán busca fornecer ao seu sector hostaleiro.

Correo-e Imprimir PDF

 

MonteferroO alcalde de Nigrán, Alberto Valverde citou aos hostaleiros do municipio co fin de analizar co sector a actual regulamentación das terrazas. Na reunión, que terá lugar o vindeiro luns ás 17 horas no Salón de Plenos do Concello, tamén se presentará a iniciativa “La mejor terraza”, unha campaña pensada de cara á futura primavera. Na xuntanza, os empresarios recibirán un folio a cumprimentar co que a administración municipal pretende actualizar a información do sector hostaleiro de Nigrán.

Circuíto e actividades da Cabalgata de Reis 2012 en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Presentacion-cabalgata-de-rAs nenas e nenos de Nigrán recibirán a visita dos reis de oriente este xoves 5 de xaneiro. A tarde véspera de reis dará comezo ás 15.30 horas. Os paxes reais percorrerán en tres grupos as parroquias do municipio nunha caravana de coches clásicos, para recoller as cartas das caixas de correos reais. A percorrida finalizará no Campo das Redes, en Panxón, sobre ás 17.00 horas, cando se espera a chegada dos Reis Meigos

Inscricións en Nigrán para participar dos programas de lecer termais do INMERSO cara aos pensionistas

Correo-e Imprimir PDF

 

termas-de-ourense-2 101422O Instituto de Mayores y Servicios Sociales de España (IMSERSO) organiza o Programa de Termalismo Social que proporciona aos pensionistas da Seguridade Social con 60 anos cumpridos tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional. Como novidade, destacan as estancias de dez e doce días de duración.

Pecha Nigrán Xogolandia ao tempo que os reis magos preparan a súa visita.

Correo-e Imprimir PDF

 

escola-galicia-en-danzaCoa actuación da escola de baile Galicia en Danza, remataron por este ano as actividades de Nigrán Xogolandia. Unha iniciativa que concentrou a máis de 1.500 persoas durante este Nadal no Pavillón de Deportes de Panxón, o que foi acondicionado para trocar o ximnasio nun gran parque infantil de máis de mil metros cadrados. Dado o éxito da convocatorio, o alcalde Alberto Valverde prometeu reiterar a experiencia no vindeiro 2012.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL