Venres, 5 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O BNG presenta as súas propostas para as eleccións xerais en Nigrán coa presenza de Olaia Fernández Davila.

Correo-e Imprimir PDF

Olaia-Fernandez-DavilaA cabeza de lista por Pontevedra do BNG, Olaia Fernández Davila presentará aos veciños da bisbarra o programa electoral dos nacionalistas o vindeiro domingo 6 de novembro en Nigrán. Na ocasión estará acompañada por Xabier Toba Girón, (primeiro suplente) e polo actual portavoz e concelleiro do Bloque en Nigrán, Xabier Rodríguez Fernández. O mitin terá lugar nas instalacións do Hotel Miramar, en Praia Lourido (América).

Atopouse un cadáver na ría de Vigo que podería ser do pescador desaparecido en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Salvamento Marítimo atopou un cadáver na ría de Vigo que podería ser o do pescador desaparecido mentres pescaba en Nigrán, á altura de Monteferro. O corpo sen vida foi trasladado ao porto de Baiona, en espera de que as autoridades xudiciais e a súa propia familia determinen se corresponde ao pescador desaparecido. Trataríase dun home de 39 anos, residente na parroquia viguesa de Coruxo.

Continúan as labores de busca por mar dun pescador desaparecido fronte ás costas de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

MonteferroEfectivos de Protección Civil que participan no operativo de procura dun home que saíu a pescar desaparecido desde a tarde do domingo na zona de Monteferro, na localidade pontevedresa de Nigrán, localizaron na mañá deste luns unha cana e un reloxo. Segundo fontes de Protección Civil, estes obxectos atopábanse na zona na que estaban realizando labores de procura do home, preto da "estación meteorolóxica". As mesmas fontes indicaron que, polo momento, estes efectivos retíranse dos traballos de procura. Pola súa banda, fontes de Salvamento Marítimo sinalan que tamén se retirou do operativo o helicóptero, aínda que os labores continúan por mar.

Nigrán busca un protocolo de mutuo aproveitamento do tráfico de turistas con Ponte de Lima.

Correo-e Imprimir PDF

Autoridades dos concellos de Nigrán e Ponte de Lima durante a visita do pasado mércores.

Nigrán quere expandir a súa oferta turística aos máis de 40 mil habitantes da vila Ponte de Lima, situada no distrito de Viana do Castelo, na rexión norte de Portugal. O alcalde Alberto Valverde trasladouse en visita oficial á cidade lusa, para reunirse con membros do goberno local, co fin de elaborar un protocolo de actuación conxunto dirixido á promoción e dinamización do turismo, a cultura, o lecer e o sector servizos entre os dous concellos.

Mercar en Nigrán terá premio.

Correo-e Imprimir PDF
Abal , Valverde, Froiz e Rodríguez na carpa da campaña en A Ramallosa

A terceira edición da campaña "Merca na Rúa" sorteará 3.000€ en vales de compra para mercar no comercio local, repartidos en 24 de 100 euros e dous de 300 euros. Ademais, durante estes días instalarase na Alameda de San Campio na Ramallosa, una carpa que albergará actividades lúdicas para os máis pequenos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL