Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Continúan as labores de busca por mar dun pescador desaparecido fronte ás costas de Nigrán.

Continúan as labores de busca por mar dun pescador desaparecido fronte ás costas de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Monteferro

Efectivos de Protección Civil que participan no operativo de procura dun home que saíu a pescar desaparecido desde a tarde do domingo na zona de Monteferro, na localidade pontevedresa de Nigrán, localizaron na mañá deste luns unha cana e un reloxo. Segundo fontes de Protección Civil, estes obxectos atopábanse na zona na que estaban realizando labores de procura do home, preto da "estación meteorolóxica". As mesmas fontes indicaron que, polo momento, estes efectivos retíranse dos traballos de procura. Pola súa banda, fontes de Salvamento Marítimo sinalan que tamén se retirou do operativo o helicóptero, aínda que os labores continúan por mar.

O 112 recibiu un aviso sobre as 7.00 horas deste luns informando de que un home saíra a pescar o domingo e que non volvera. Desta persoa, un home de preto de 40 anos non se sabe nada desde aproximadamente as 15.00 horas do domingo.

No operativo de procura despregado ao longo da mañá participaron medios terrestres, marítimos e aéreos, aínda que aínda non se puido localizar ao desaparecido.