Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Atopouse un cadáver na ría de Vigo que podería ser do pescador desaparecido en Nigrán.

Atopouse un cadáver na ría de Vigo que podería ser do pescador desaparecido en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Salvamento Marítimo atopou un cadáver na ría de Vigo que podería ser o do pescador desaparecido mentres pescaba en Nigrán, á altura de Monteferro. O corpo sen vida foi trasladado ao porto de Baiona, en espera de que as autoridades xudiciais e a súa propia familia determinen se corresponde ao pescador desaparecido. Trataríase dun home de 39 anos, residente na parroquia viguesa de Coruxo.

O cadáver foi localizado pouco despois das 18 horas ao leste das Illas Cíes por un pesqueiro. O pescador saíra onte equipado con cana cara a Monteferro por unha zona rochosa e desapareceu ás 15:00 horas.

Efectivos de Emerxencias do Val Miñor e de Salvamento Marítimo efectuaron labores de rastreo na zona e localizaron unha cana de pescar e un reloxo pertencentes ao pescador desaparecido.