Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán busca un protocolo de mutuo aproveitamento do tráfico de turistas con Ponte de Lima.

Nigrán busca un protocolo de mutuo aproveitamento do tráfico de turistas con Ponte de Lima.

Correo-e Imprimir PDF
Autoridades dos concellos de Nigrán e Ponte de Lima durante a visita do pasado mércores.

Nigrán quere expandir a súa oferta turística aos máis de 40 mil habitantes da vila Ponte de Lima, situada no distrito de Viana do Castelo, na rexión norte de Portugal. O alcalde Alberto Valverde trasladouse en visita oficial á cidade lusa, para reunirse con membros do goberno local, co fin de elaborar un protocolo de actuación conxunto dirixido á promoción e dinamización do turismo, a cultura, o lecer e o sector servizos entre os dous concellos.

O obxectivo da viaxe foi o establecemento de lazos de unión entre Nigrán e Ponte de Lima, sinalaron dende a alcaldía. Agregaron que trátase dunha das tres localidades de Portugal con maior número de visitas nos fins de semana. "Somos dúas localidades separadas por menos de 40 km. e cunhas ofertas turísticas, culturais e de lecer moi complementarias", explicou Valverde.

Ademais do rexedor, a comitiva estivo integrada pola concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva e o presidente do CIT Val Miñor, Darío Álvarez. A visita realizada o pasado mércores 16 de agosto, foi para Valverde máis que satisfactoria. Afirma que "a posta en marcha desta colaboración permitirá levar o nome de Nigrán a unha localidade con máis de 40.000 habitantes e unha das que recibe maior afluencia de visitas nos fins de semana de todo Portugal, un obxectivo prioritario dentro da área de turismo".