Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán e Ponte de Lima asinan un protocolo de cooperación turística e cultural.

Nigrán e Ponte de Lima asinan un protocolo de cooperación turística e cultural.

Correo-e Imprimir PDF
Firma-protocolo-de-cooperac

Victor Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Ponte de Lima (Portugal) e Alberto Valverde, alcalde do Concello de Nigrán asinaron este martes un protocolo de cooperación entre ambas administracións. O acordo busca consolidar como pobos irmáns a Ponte de Lima e Nigrán nos próximos meses, co obxectivo de afondar, dinamizar e pór en valor o turismo, a cultura, a gastronomía, o deporte, o lecer e o sector servizos de ambos os municipios

 

Ponte de Lima, con máis de 40.000 habitantes e a tan só 40 km de Nigrán, é unha das localidades da rexión norte de Portugal (Distrito de Viana do Castelo) que máis visitantes de proximidade recibe os fins de semana.

Entre os contidos do protocolo, Alberto Valverde destacou a creación de comisións de traballo conxuntas para o desenvolvemento de proxectos cofinanciados, dos que poidan xurdir sinerxías e resultados que xustifiquen a súa cabida nos Programas de Operacións de Cooperación Territorial a nivel comunitario.

O encontro ten como antecedente a visita no mes de outubro do alcalde de Nigrán a Ponte de Lima. A xuntanza deste martes, contou coa participación de membros do goberno de ambas as dous administracións, así como a do presidente do CIT Val Miñor, Darío Vázquez.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, confía neste tipo de acordos co xeito de aumentar o número de visitantes portugueses a Nigrán, e en xeral a toda a bisbarra do Val Miñor.