Venres, 5 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Condenados 20 veciños de Chandebrito a 5 meses de cárcere por acoso a unha familia.

Correo-e Imprimir PDF

 

chandebritoCinco meses de cárcere ditaminou hoxe a xustiza para 20 veciños da parroquia de Chandebrito por acosar a unha familia do vecindario.  Resistencia á autoridade, sedición e coaccións imputou o xuíz da 5ª Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra aos condenados. Por riba, deberán pagar unha indemnización de 6.000 euros entre todos, ás vítimas.

Un vertedoiro "histórico" de lixo en Nigrán ameaza o Río Muíños e enfronta a goberno e oposición.

Correo-e Imprimir PDF

Toneladas de lixo nun predio privado ao carón da Estrada pola Vía en Nigrán.Rodas, neveiras, electrodomésticos en desuso, toneladas de lixo, restos de poda e entullo amoréanse nun predio situado na zona de Canido, ao carón do río Muíños no concello de Nigrán. A paisaxe non é nova, o enclave ven sendo utilizado dende hai anos por distintas administracións locais para acumular lixo, a pesar da grave ameaza contaminante que representa para o ecosistema do río, a saúde medioambiental e a desfeita aos ollos de veciños e visitantes.

Valverde reclama novamente a Costas para que interveña nas zonas afectadas polos temporais.

Correo-e Imprimir PDF

A. Valverde e J. Álvarez na visita a unha das zonas afectadas.Alberto Valverde carga novamente contra a Xefatura Territorial do Servizo de Costas a quen reclama que interveña de xeito urxente para reparar os danos que deixaron os últimos temporais nas praias de Pato e Lourido (América). O rexedor que fixo pro terceira vez neste mes  o devandito reclamo, salienta que as autoridades de Costas "cuando quieren actuan con inmediatez, sin embargo, cuando es necesaria y se pide que actue de forma inminente lamentablemente parece que desoye y que se desentiende de lo ocurrido cuando tiene la responsabilidad de actuar y garantizar la conservacion y el buen estado de estas zonas"

Nigrán presenta o seu PXOM en Santiago.

Correo-e Imprimir PDF

entrega-pxom-nigran{plusone}O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán foi presentado nesta xornada en Santiago, para o seu informe previo para a súa posterior aprobación inicial. O documento foi presentado polo rexedor Alberto Valverde, o concelleiro de Urbanismo Ignacio Vilas e mais Juan Arnaiz, en  calidade de coordinador do equipo redactor do PXOM. O escrito foi recibido polo conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández e a  Secretaria Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas. As autoridades autonómicas prometeron tratar a súa tramitación con dilixencia.

Nigrán despois do 20-N: PP 55,07%, PSOE 26,98%, BNG 8,02%, EU-V 4,72%, UPyD 1,89%.

Correo-e Imprimir PDF

 

Á 01:12 horas deste luns 21 de novembro pechou o escrutinio dos votos emitidos no Concello de Nigrán. O Partido Popular volveu a dominar o panorama electoral do municipio ao alcanzar o 55,07%, das vontades electorais. A participación cidadá alcanzou o 73,63%  do padrón e 3.876 electores decidiron non concorrer a votar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL