Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Valverde reclama novamente a Costas para que interveña nas zonas afectadas polos temporais.

Valverde reclama novamente a Costas para que interveña nas zonas afectadas polos temporais.

Correo-e Imprimir PDF
A. Valverde e J. Álvarez na visita a unha das zonas afectadas.

Alberto Valverde carga novamente contra a Xefatura Territorial do Servizo de Costas a quen reclama que interveña de xeito urxente para reparar os danos que deixaron os últimos temporais nas praias de Pato e Lourido (América). O rexedor que fixo pro terceira vez neste mes  o devandito reclamo, salienta que as autoridades de Costas "cuando quieren actuan con inmediatez, sin embargo, cuando es necesaria y se pide que actue de forma inminente lamentablemente parece que desoye y que se desentiende de lo ocurrido cuando tiene la responsabilidad de actuar y garantizar la conservacion y el buen estado de estas zonas"

Entre mentres a Policía Local mantén acoutada as zonas afectadas como medidas temporais de seguridade. O pasado 31 de outubro, o Concello de Nigrán informaba á Xefatura Territorial do Servizo Provincial de Costas sobre os danos provocados polas fortes choivas e pola acción do mar en praia América, preto de Monte Lourido. As inclemencias meteorolóxicas provocaron uns derrubes de terra que deixaron un tramo de praia América e na praia de Patos nunhas condicións perigosas para os transeúntes.