Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán executa a recuperación dunar e a Policía precinta zonas afectadas dos areais por mor dos temporais.

Nigrán executa a recuperación dunar e a Policía precinta zonas afectadas dos areais por mor dos temporais.

Correo-e Imprimir PDF
Destrozos-Patos1

A Policía Local de Nigrán ten precintadas por orde do Concello dúas zonas afectadas polos temporais recentes, nas praias Lourido (América) e Patos. As mesmas atópanse en xurisdición do Servizo Provincial de Costas, ao que a administración local dirixiuse para que interveña á brevidade para evitar posibles accidentes. Ao mesmo tempo, persoal da Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, leva dende os últimos días, traballando na execución do plan de recuperación dunar, con intervencións nos areais de Panxón e Lourido.

Desfeitas do temporal.

O pasado 31 de outubro, o Concello de Nigrán informou á Xefatura Territorial do Servizo Provincial de Costas  os danos provocados polas fortes choivas e pola acción do mar en praia América, preto de Monte Lourido, informou o Alcalde Alberto Valverde . As inclemencias meteorolóxicas provocaron uns derrubes de terra que deixaron un tramo de praia América nunhas condicións que a opinión do rexedor resultan "perigosas para os transeúntes". Como medida preventiva, a Policía Local mantén a zona acoutada.

Patos tamén amenceu o pasado luns baixo os efectos do temporal do domingo, con derrubes de terras e rotura de canas. O alcalde entende que estes danos " tamén xeran un serio perigo para os usuarios deste areal, ademais de ofrecer unha lamentable imaxe do municipio". Valverde sinala que aínda non tivo respostas das autoridades de Costas, e fixo un chamado á responsabilidade a dito organismo.

Traballos de recuperación dunar

Este proxecto, denominado "Restauración do Ecosistema Dunar das praias de Panxón e Praia América, Nigrán", estase executando desde fai xa uns días, coa obriga de finalizalo antes do 31 de decembro deste ano. Trátase dunha obra que rolda os 50 mil euros,  financiada polo  premio do II Concurso de proxectos para o incremento da biodiversidade,  gañado en marzo de 2009, polo Concello, a partir dun proxecto do ex concelleiro  Juan Hermida, daquela, responsable de Medio Ambiente do goberno de Efrén Juanes.

O alcalde Alberto Valverde asegurou que “Gracias a la gestión del gobierno del PSOE el Ayuntamiento de Nigrán estuvo a punto de perder el premio", pois o mesmo ten por condición que os proxectos gañadores sexan executados antes do 31 de decembro de 2011. Acusación que o portavoz do PSOE,  Juan González rexeitou, explicando que os cartos entraron no concello o 2011 e a saída do goberno dos socialistas no mes de xuño foi o motivo que impediu a execución da obra.

Valverde desafía aos socialistas a interceder ante as autoridades de Costas.

"Quizá el partido político de la oposición de Nigrán, que coincide con el que sustenta este servicio provincial, pueda intervenir ante este organismo para que interceda, tal y como ya hizo con la celebración de la carrera de caballos en playa América para conseguir boicotearla”, dixo o presidente do PP de Nigrán e alcalde Alberto Valverde. As declaracións fanse nun contexto de réplicas e polémicas, que socialistas e populares do municipio manteñen con intensidade nestes días previos ás eleccións xerais do 20-N.

De feito, tamén o socialista González, acusou a Valverde no día de onte de querer apropiarse da iniciativa do proxecto de recuperación dunar feito polo seu partido durante a xestión municipal de Juanes.