Venres, 5 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Valverde pide a Sanidade a construción dun novo aparcadoiro para o futuro Centro de Saúde de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

 

farjas-valverdeO alcalde de Nigrán, Alberto Valverde e mais a conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Pilar Farjas mantiveron unha reunión esta tarde, onde a responsable de Saúde lle manifestou  que o centro público sanitario de Panxón se atopa  entre as actuacións prioritarias da administración autonómica. Na xuntanza, onde tamén estivo presente a concelleira de Sanidade municipal, María del Carmen Alonso-Macias Jorreto, Valverde solicitoulle a Farjas a construción dun aparcadoiro subterráneo ou en superficie que solucionen as carencias nesa materia que contén o actual proxecto.

E as crianzas que? I Xornadas sobre violencia de xénero en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

xornada-violencia-de-xeneroAo longo do día desenvolvéronse as I Xornadas sobre violencia de xénero "E as crianzas qué?", en Nigrán. A actividade congregou a un centenar de persoas interesadas en coñecer a incidencia da violencia de xénero nos máis pequenos da familia. Nove profesionais de diversos sectores –avogados, traballadores e educadores sociais e psicólogos, entre outros- abordaron en profundidade as consecuencias da violencia de xénero nos fillos e fillas dende distintos ámbitos: os dereitos dos menores, o impacto no seu desenvolvemento físico e psicolóxico, a intervención psicosocial có obxectivo de minimizar as consecuencias nas crianzas e, por último, a regulación da custodia compartida.

O alcalde de Nigrán pide o voto e non prexudicar a imaxe do municipio coas pegatinas da campaña.

Correo-e Imprimir PDF

 

Alberto-ValverdeO alcalde de Nigrán e presidente do PP da localidade, Alberto Valverde exhortou aos veciños e veciñas do concello a manexar con "respeto y control" a pegada de carteis durante a campaña electoral.  A través da web dos populares, o rexedor solicitou evitar o " uso indiscriminado del material gráfico de la campaña que perjudique a la imagen limpia del municipio". O reclamo de Valverde fíxose no marco do pedido do voto para o seu partido no que solicitou aos cidadás que " reediten la confianza depositada en su partido en las municipales de mayo, que le dio la mayoría absoluta en Nigrán".

Socialistas e nacionalistas de Nigrán presentan mocións para combater a violencia contra a muller.

Correo-e Imprimir PDF

violencia-genero14A violencia de xénero en especial contra as mulleres ingresa novamente na axenda política do pleno municipal de Nigrán. Tanto o grupo municipal do PSOE como o do BNG presentaron este mércores un grupo de medidas para ser tratadas no vindeiro pleno a celebrarse o 25 de novembro. A sesión coincidirá coa conmemoración do "Día internacional contra a violencia contra á muller", e os edís de Nigrán deberán tratar entre outras medidas a de instar ao goberno autonómico a protexer aos menores expostos a fogares nese contexto, así como a creación aínda sen desenvolver do Observatorio Galego da Violencia de Xénero e a posta en marcha dun Centro de Recuperación Integral para as vítimas.

Nicolás Otero, subcampión galego de motocross de 9 anos, foi homenaxeado en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

nicolasO Concello de Nigrán homenaxeou  nesta xornada ao novo piloto Nicolás Otero, recente subcampión galego de supercross, na categoría alevín.  Nicolás, de 9 anos e natural de Panxón, tamén conquistou o terceiro lugar nas probas de motocross  desenvolvidas a pasada fin de semana no circuíto de Sobrado en Gomesende.  O alcalde Alberto Valverde entregoulle unha placa conmemorativa en nome do Concello de Nigrán. “Es un honor para este municipio contar con niños como vosotros, que ya desde pequeños lleváis el nombre de Nigrán allí a donde vais”, declarou o rexedor.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL