Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nicolás Otero, subcampión galego de motocross de 9 anos, foi homenaxeado en Nigrán.

Nicolás Otero, subcampión galego de motocross de 9 anos, foi homenaxeado en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
nicolas

O Concello de Nigrán homenaxeou  nesta xornada ao novo piloto Nicolás Otero, recente subcampión galego de supercross, na categoría alevín.  Nicolás, de 9 anos e natural de Panxón, tamén conquistou o terceiro lugar nas probas de motocross  desenvolvidas a pasada fin de semana no circuíto de Sobrado en Gomesende.  O alcalde Alberto Valverde entregoulle unha placa conmemorativa en nome do Concello de Nigrán. “Es un honor para este municipio contar con niños como vosotros, que ya desde pequeños lleváis el nombre de Nigrán allí a donde vais”, declarou o rexedor.

Nicolás Otero compite polo club Motomeda de Maceda, e anunciou que participará no campionato 2012 de España, así como nalgunha das  carreiras do Europeo en Portugal e Francia. En palabras do presidente do club Motomeda, José Manuel Gándara, “Nicolás es uno de los pilotos destacados en la categoría, este año ha tenido una progresión muy buena y en este final de temporada ha sido muy regular. El año que viene será un claro candidato a obtener el campeonato gallego".