Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán pide o voto e non prexudicar a imaxe do municipio coas pegatinas da campaña.

O alcalde de Nigrán pide o voto e non prexudicar a imaxe do municipio coas pegatinas da campaña.

Correo-e Imprimir PDF
Alberto-Valverde

 

O alcalde de Nigrán e presidente do PP da localidade, Alberto Valverde exhortou aos veciños e veciñas do concello a manexar con "respeto y control" a pegada de carteis durante a campaña electoral.  A través da web dos populares, o rexedor solicitou evitar o " uso indiscriminado del material gráfico de la campaña que perjudique a la imagen limpia del municipio". O reclamo de Valverde fíxose no marco do pedido do voto para o seu partido no que solicitou aos cidadás que " reediten la confianza depositada en su partido en las municipales de mayo, que le dio la mayoría absoluta en Nigrán".

A campaña electoral dos populares de Nigrán comezou o pasado xoves 3 de novembro coa tradicional pegada de carteis. Valverde sinala que a mesma estará marcada pola austeridade e o control do gasto.

Valverde reclamou aos veciños a confianza depositada no PP nas municipais de maio, "una confianza que nos dio la mayoría absoluta en nuestro municipio", agregou. O  presidente do PP en Nigrán instou a todos os nigranenses "a sumarse al cambio que en 2009 se inició en Galicia con el triunfo del actual presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo"."Al igual que Galicia y que Nigrán, España necesita sumarse al cambio, España necesita a Mariano Rajoy en la presidencia del gobierno", opinou.