Venres, 5 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O pleno de Nigrán aprobou cos votos negativos da oposición o reaxuste das taxas para o ano 2012.

Correo-e Imprimir PDF

concello_nigranO gobernante Partido Popular quedou só á hora de aprobar a suba de taxas e impostos municipais cara ao ano 2012. Alberto García, concelleiro de Economía e Facenda, sostivo durante a argumentación que trátase dun imperativo contemplado no Plan de Saneamento Económico 2009-2015, aprobado polo bipartito (PSOE-BNG) e que contara co apoio do PP durante o pasado mandato do alcalde Efrén Juanes.  Pola súa banda, Lola Martínez, concelleira do PSOE, fundamentou a negativa socialista co argumento que o devandito Plan é un "documento vivo",  que se pode cambiar. Nese senso, salientou que agora a situación do Concello está "máis saneada que cando se deu inicio ao plan". Para o edil Antonio Fernández Comesaña, a subida dos impostos é un erro que prexudica aos veciños, a acusou por igual a socialistas, populares e nacionalistas de ser responsables deste "plan tramposo e pouco realista".

Socialistas acusan a Alberto Valverde de cambiar a data do pleno para que non asistan veciños ante a suba de impostos.

Correo-e Imprimir PDF

A agrupación socialista non poderá contar coa participación do seu voceiro Juan González no pleno por mor do cambio de data.

Os socialistas denuncian o traslado da data do pleno de outubro de Nigrán para o vindeiro luns 24 de outubro ás 10 horas. "Alberto Valverde intenta aprobar a maior suba de impostos e taxas da democracia a escondidas e eludindo o debate. Adianta o Pleno de outubro do xoves ao luns para que non asistan os veciños e a sabendas de que ao Portavoz do PSOE non poderá asistir ese día por motivos personais", sinala o veceiro do PSOE Juan González. O pleno ten como principal tema da orde do día o debate sobre a modificación de taxas e impostos municipais. A representación socialista estará encabezada pola concelleira e voceira de Economía, Lola Martínez Losada.

UCN-CDL únese ás críticas contra a subida de taxas e impostos presentada polo PP Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
A coalición UCN-CDL rexeita

O concelleiro Antonio Fernández Comesaña, portavoz de UCN-CDL de Nigrán adianta o seu voto negativo á proposta do alcalde Alberto Valverde (PP) de subir as tasas e impostos municipais, no pleno municipal a celebrarse o vindeiro luns 24 de outubro. Fernández Comesaña afirma que “el gobierno está totalmente equivocado. Con esta medida lo que hace es dificultar a los vecinos de Nigrán la salida de la crisis, acudiendo al recurso fácil como es cargar sobre ellos el peso de la crisis, tocando en su bolsillo, es decir, pagar los de siempre: las familias, autónomos, comerciantes, etc., en vez de optar por eliminar gastos corrientes y superfluos”.

A Xunta promete achegas para solucionar problemas de infraestruturas nos centros de ensino de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Valverde reuniuse co Xefe Territorial en Pontevedra e o respon sabre da Secretaría Xeral Técnica

A Xefatura Territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, comprometeuse co rexedor Alberto Valverde a enviar aos centros educativos públicos, técnicos da administración autonómica, para a análise e valoración de futuras actuacións nos centros de ensino de Nigrán. O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, desprazouse o pasado xoves a Pontevedra para reunirse co Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez, e co responsable da Secretaría Xeral Técnica da Concellaría de Educación, Jesús Oitavén. Neste encontro, Alberto Valverde expuxo cuestións relativas ao estado das infraestruturas educativas tanto de primaria como de secundaria no municipio, ambas as dúas competencia directa do organismo autonómico.

O novo orzamento da Xunta non prevé partidas para a construción do Centro de Saúde de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
A concellería de Saúde, dirixida por Mª Pilar Farjas non prevé cartos para a construción do Centro de Saúde de Panxón.

No anteproxecto de orzamento da Xunta de Galicia non figura ningún tipo de partida para a construción do novo Centro de Saúde de Panxón, comunicou esta tarde Esquerda Unida de Nigrán. A Conselleira de Sanidade anunciou fai máis dun ano que Panxón contaría cun novo centro de saúde. A pesar de que o Concello de Nigrán xa transmitiu a titularidade do terreo para a construción do centro de saúde no ano 2008, e o SERGAS xa solicitou licenza municipal para a construción do centro de saúde de Panxón fai un ano, a agrupación denuncia que as obras seguen sen estar comezadas, nin presupostadas, nin licitadas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL