Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Socialistas acusan a Alberto Valverde de cambiar a data do pleno para que non asistan veciños ante a suba de impostos.

Socialistas acusan a Alberto Valverde de cambiar a data do pleno para que non asistan veciños ante a suba de impostos.

Correo-e Imprimir PDF
A agrupación socialista non poderá contar coa participación do seu voceiro Juan González no pleno por mor do cambio de data.

Os socialistas denuncian o traslado da data do pleno de outubro de Nigrán para o vindeiro luns 24 de outubro ás 10 horas. "Alberto Valverde intenta aprobar a maior suba de impostos e taxas da democracia a escondidas e eludindo o debate. Adianta o Pleno de outubro do xoves ao luns para que non asistan os veciños e a sabendas de que ao Portavoz do PSOE non poderá asistir ese día por motivos personais", sinala o veceiro do PSOE Juan González. O pleno ten como principal tema da orde do día o debate sobre a modificación de taxas e impostos municipais. A representación socialista estará encabezada pola concelleira e voceira de Economía, Lola Martínez Losada.

A principo do seu mandato o goberno popular de Nigrán fixou os plenos ordinarios o último xoves de cada mes dende as 10:00 horas. Os socialistas acusan a Valverde de cambiar a data do pleno sin consultar nin ter en conta a disponibilidade de asistir dos membros do Grupo maioritario do PSOE. “ Alberto Valverde con nocturnidade e alevosía adianta o Pleno tres días co que reduce de xeito moi importante o tempo de consulta de tan enfarragosos expedientes e consigue que os veciños e veciñas de Nigrán non asistan ao mesmo”, sinala González.

O concelleiro Juan González atravesa dende hai tempo unha situación familiar que lle obriga a estar fóra de Galicia. Nembargante, sinala que “teño reservado billetes de avión para todas e cada unha das miñas obrigas como concelleiro e, a pesar de que teño xustificación personal de sobra, non deixei de estar en elas. O mesmo que estaría o próximo xoves no Pleno Ordinario do mes de outubro”, afirma.

González opina que “Alberto Valverde está xogando moi, moi sucio e nunca en Nigrán se tiña mirado un Alcalde que caia tan baixo e fora tan cobarde á hora de tomar unha decisión, que nós consideramos errónea, como é a suba de impostos e taxas. Evita aos veciños e veciñas adiantando Pleno para o luns sin anuncialo e consigue que ao Portavoz da oposición lle sexa imposible asistir ao mesmo e así eludir o debate.”