Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xunta promete achegas para solucionar problemas de infraestruturas nos centros de ensino de Nigrán.

A Xunta promete achegas para solucionar problemas de infraestruturas nos centros de ensino de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Valverde reuniuse co Xefe Territorial en Pontevedra e o respon sabre da Secretaría Xeral Técnica

A Xefatura Territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, comprometeuse co rexedor Alberto Valverde a enviar aos centros educativos públicos, técnicos da administración autonómica, para a análise e valoración de futuras actuacións nos centros de ensino de Nigrán. O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, desprazouse o pasado xoves a Pontevedra para reunirse co Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez, e co responsable da Secretaría Xeral Técnica da Concellaría de Educación, Jesús Oitavén. Neste encontro, Alberto Valverde expuxo cuestións relativas ao estado das infraestruturas educativas tanto de primaria como de secundaria no municipio, ambas as dúas competencia directa do organismo autonómico.

O alcalde de Nigrán asegura que estas visitas realizaranse nas próximas semanas, co obxectivo de executar algunhas das actuacións máis prioritarias nos próximos meses.

Entre as prioridades de goberno municipal que se trasladaron aos responsables da administración autonómica se atopan melloras nos colexios relacionadas con saneamento, cubertas e outras necesidades que desde os distintos centros educativos trasladáronse ao concello.

O rexedor sinala que o balance do encontro é “máis que favorable” e destacou a disposición da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra, así como coa Secretaría Xeral da Consellería da Xunta de Galicia, a colaborar con Nigrán para resolver as carencias que en materia de infraestruturas afectan aos colexios e institutos públicos do municipio. “Mejorar las infraestructuras de los centros educativos públicos es para nosotros prioritario”, manifestou Valverde, “y a pesar de las dificultades económicas de las administraciones trataremos de resolver las cuestiones más urgentes y prioritarias”, agregou.