Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Mercar en Nigrán terá premio.

Mercar en Nigrán terá premio.

Correo-e Imprimir PDF
Abal , Valverde, Froiz e Rodríguez na carpa da campaña en A Ramallosa

A terceira edición da campaña "Merca na Rúa" sorteará 3.000€ en vales de compra para mercar no comercio local, repartidos en 24 de 100 euros e dous de 300 euros. Ademais, durante estes días instalarase na Alameda de San Campio na Ramallosa, una carpa que albergará actividades lúdicas para os máis pequenos.

As persoas que queiran participar nos sorteos dos vales de compra deberán presentar aos promotores ou na carpa da organización da campaña “Merca na Rúa”, os tickets das compras realizadas nos pequenos comercios da localidade. A campaña comezou este luns 24 de outubro e rematará ás 18:30h do sábado 5 de novembro. Os participantes recibirán ao torcar os tickets de compra, a metade dun boleto para participar no sorteo dos vales.

Os promotores da campaña “Merca na Rúa” selarán aos consumidores o ticket presentado para que non poida ser reutilizado xa que cada ticket dará dereito a un único boleto de participación. A outra metade do boleto será depositado polo promotor ou polo propio consumidor nas urnas habilitadas a tal efecto na carpa da organización.

Peche de campaña

O sorteo dos vales de compra se celebrará o 5 de novembro, día que tamén acollerá unha festa de peche da campaña “Merca na Rúa”, nunha carpa preparada para a ocasión durante a que se fará o sorteo público dos vales de compra por valor de 3.000€ (24 vales de 100€ e dous de 300€), que consistirá na extracción dos boletos depositados ao longo das dúas semanas que durou a campaña nas furnas habilitadas a tal efecto. Durante a festa de peche de campaña tamén desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e de entretemento dirixidas aos nenos e nenas.

Presentación da campaña

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde presentou a campaña Merca na Rúa, na Alameda de San Campio en A Ramallosa, na súa tamén calidade de deputado provincial. A campaña é unha iniciativa coordinada pola Deputación de Pontevedra a través da súa Área de Comercio REDIC en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. No acto tamén estiveron presentes a concelleira de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego, Rosa Rodríguez, o presidente da Asociación de Empresarios do Val Miñor, José Luis Froiz e Conchi Abal, tamén en representación deste colectivo. Merca na Rúa chega por primeira vez a Nigrán, e estará presente ate o próximo 5 de novembro.