Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán busca fornecer ao seu sector hostaleiro.

O Concello de Nigrán busca fornecer ao seu sector hostaleiro.

Correo-e Imprimir PDF
Monteferro

 

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde citou aos hostaleiros do municipio co fin de analizar co sector a actual regulamentación das terrazas. Na reunión, que terá lugar o vindeiro luns ás 17 horas no Salón de Plenos do Concello, tamén se presentará a iniciativa “La mejor terraza”, unha campaña pensada de cara á futura primavera. Na xuntanza, os empresarios recibirán un folio a cumprimentar co que a administración municipal pretende actualizar a información do sector hostaleiro de Nigrán.

O rexedor, que asistirá acompañado por membros do seu equipo de goberno, tamén abordará a futura participación do municipio na feira FITUR a través do stand de TURGALICIA, o que terá lugar o vindeiro 20 de xaneiro.

Valverde salientou que o obxectivo deste encontro “es la unificación de criterios y la búsqueda de sinergias para dinamizar un sector fundamental en la economía local, cuya potenciación derivaría en la generación de puestos de trabajo para los vecinos y vecinas de Nigrán.” O rexedor matizou que “es la primera vez que el gobierno municipal convoca a este sector con la intención de trabajar juntos y en la misma dirección para dinamizar el sector hostelero del municipio”.