Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Rubén Rial Sánchez, novo secretario xeral do PSOE de Nigrán.

Rubén Rial Sánchez, novo secretario xeral do PSOE de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
ruben-rial-sanchez

Os militantes socialistas de Nigrán elixiron ao actual concelleiro Rubén Rial Sánchez como novo secretario xeral do PSOE no municipio. Así, Rial substituirá ao tamén concelleiro Manuel Doldán, quen cumpría esa función no PSOE de Nigrán ata de agora. A decisión foi tomada por maioría absoluta (só unha abstención) nunha asemblea extraordinaria desenvolvida o pasado sábado 14 de xaneiro.

 

Na devandita xuntanza, os militantes do PSOE renovaron a totalidade da executiva local a que queda integrada polas seguintes persoas:

Secretario Xeral: Rubén Rial Sánchez

Secretario de Organización : Luis Miguel Varela Álvarez (Panxón)

Secr. Xuventude e Turismo: Ana Pérez Pérez (Chandebrito)

Secr. Servizos Socias e Comunicación: concelleira Loli Araújo Duarte (Parada)

Secr. Igualdade: Vicenta Carpintero Costas (Panxón)

Secr. Política Municipal: José Luis Taboada Lago (San Pedro)

Secr. Sanidade e Deportes: concelleira Rosa Vilán Costas (Camos)

Secr. de Acción Electoral: Alfonso Suárez Gameiro (Vilariño - San Pedro)

Secr. Medio Ambiente e Cultura: Francisco J. Sánchez González (Nigrán)

Secr. Educación: Bibiana Peixoto (Vilariño - San Pedro)

Tesoureiro: José L. Varela Aballe (Panxón)

Secr. Formación e Emprego: ex concelleira Josefa Barreiro Veloso (Camos)

Na mesma asemblea foron elixidos por unanimidade Rubén Rial Sánchez e Ana Pérez Pérez, como representantes da agrupación de Nigrán no Congreso Provincial.