Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán reclama á Xunta a débeda pola expropiación do almacén municipal en 2009.

O alcalde de Nigrán reclama á Xunta a débeda pola expropiación do almacén municipal en 2009.

Correo-e Imprimir PDF
Valverde-recibe-a-la-delega

A memoria ben vale en materia das finanzas. Aproveitando unha visita ao novo edificio consistorial de Nigrán -a piques de inaugurarse- , de María José Bravo, delegada da Xunta de Galicia en Vigo, o alcalde Alberto Valverde lembroulle algúns asuntos pendentes coa administración autonómica. Entre eles, fíxolle fincapé nos cartos da expropiación do vello almacén municipal d'A Lagoíña en 2009, por mor dos accesos a Porto de Molle,e que aínda non chegaron ás arcas do Concello.

 

Daquela, a nave construída sobre unha chan cualificada como rústica, foi derrubada para construír a conexión do parque empresarial de Porto do Molle coa AG-57. Efrén Juanes, nese intre alcalde de Nigrán, informou que a Xunta abonaría ao municipio próximo a 260 mil euros, cartos que aínda non chegaron.

Valverde informou hoxe que a delegada contestou que "Entendemos que la situación es complicada pero intentaremos solucionar esta cuestión cuanto antes"

Neste encontro, o rexedor municipal tamén expúxolle a Bravo outros asuntos pendentes ou en trámite que a administración autonómica ten co concello de Nigrán, "todos eles prioritarios e de gran importancia para o goberno municipal", observou Valverde. Entre os temas abordados destacan a tramitación do PXOM, o centro de saúde de Panxón ou o desenvolvemento das obras da PO-325. Así mesmo, Valverde trasladou á delegada a preocupación polas cifras de desemprego, e solicitou á Xunta de Galicia priorizar políticas neste ámbito, como o desenvolvemento de plans de cooperación nesta materia.