Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Aberto o prazo de inscrición en cursos para desempregados no Concello de Nigrán.

Aberto o prazo de inscrición en cursos para desempregados no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
prevencion-riesgos-laborales

A Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán informa que ven de abrir o prazo de inscrición nun curso de formación gratuíto dirixido, preferentemente, a persoas desempregadas e empadroadas en Nigrán que desexen adquirir coñecementos na rama da prevención de riscos laborais.

 

Este curso, que se desenvolverá no Centro Antena Municipal en horario de mañá, do 16 ao 26 de abril, de luns a xoves, terá unha duración de 30 horas e será impartido por unha empresa con ampla experiencia e capacitación neste e noutros eidos formativos.

Todas aquelas persoas que queiran inscribirse, deberán cubrir unha ficha que estará a súa disposición nas dependencias do Departamento de Emprego Municipal e no Rexistro Xeral Municipal a partir do 02 de abril de 2012. As solicitudes serán atendidas por orde de entrada no rexistro, podendo participar un máximo de 15 alumnos.

O prazo de inscrición remata o xoves, 12 de abril de 2012.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co concello no Departamento de Emprego ou no teléfono 986-365000, extensión 4.