Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Redes e anzois, posibles causas da morte do cachalote atopado en Panxón

Redes e anzois, posibles causas da morte do cachalote atopado en Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe do cachalote varado en Panxón - Imaxe: CEMMA

Esta mañá, logo de cinco horas de traballo, concluiu a labor de retirada do cachalote no areal de Panxón.

Os técnicos de CEMMA acharon anzois e restos de redes de pesca no estómago do animal.

O persoal de CEMMA que está levando a cabo as tarefas de análise e retirada do cachalote de 10 metros varado na praia de Panxón atoparon no estómago do animal anzois e restos de redes de pesca que apuntan a ser a causa da súa morte por obstrucción intestinal, ainda que según manifestou Alfredo López aos medios, ainda hai que agardar á análise das mostras do cadáver para certificar a causa.

Unha ducia de operarios e unha pala retroexcavadora, encargáronse desde primeira hora de despezar o cadáver do cachalote e transportalo nun camión ata a empresa Gesuga, encargada da incineración do animal. 

A cicloxénese explosiva "Petra" que azotou a noite do mércores nas costas galegas arrastrou o cadáver deste cachalote nun estado avanzado de descomposición.