Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O temporal arrastra un cachalote morto ata o areal de Panxón

O temporal arrastra un cachalote morto ata o areal de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Cachalote de 10 metros varado en Panxón - Imaxe CEMMA

 

O temporal arrastra ata os areais de Panxón, un cachalote morto de 10 metros de lonxitude.

Durante a mañá, de onte mércores día 25, o CEMMA recibíu diversos avisos por parte dos mariñeiros de Panxón, Confraría de Baiona e Concello de Nigrán sobre a presenza dunha balea morta dentro da enseada de Panxón e a piques de varar.

A pesar da pronta resposta de Salvamento Marítimo e dos membros de CEMMA que enviaron efectivos á zona de inmediato, foi imposible evitar o varamento na praia de Panxón, nas proximidades da desmbocadura do río Muiños.
Tratábase dun exemplar macho de cachalote (Physeter macrocephalus) de aproximadamente dez metros de lonxitude, xa en avanzado estado de descomposición.

Durante a mañá desprazáronse ata a praia as autoridades municipais que mantiveron xestións coa Xunta de Galicia para proceder a súa retirada.

Segundo apuntan dende CEMMA, dende o mes de febreiro mantense un convenio entre a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e de Calidade Ambiental para facilitar a retirada dos grandes cetáceos varados mortos, que tantos problemas ocasionan pola complexidade das operacións. Este convenio permitirá o achegamento de medios para a recollida, transporte e eliminación dos restos biolóxicos, evitando así que os corpos sexan deixados á deriva e causen males maiores á navegación ou transtornos noutros concellos litorais.

Membros de CEMMA asesorarán a retirada e analizarán a situación de cómo quede o exemplar na marea alta para proceder á retirada prevista para primeiras horas da mañá do xoves 26. Durante a tarde procederán á recollida de datos e mostras biolóxicas para tratar de averiguar as causas da morte, aínda que auguran dificultades dado o avanzado estado de descomposición.

O temporal achega aos cachalotes á nosa costa

Este é o segundo rexistro de cachalote varado en menos dunha semana, xa que hai uns días varou un exemplar moito máis grande en Malpica, puidera deberse ao achegamento de mandas desta especie á plataforma debido ao
temporal.