Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Panxón convoca aos seus veciños a unha charla sobre o PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

As asociacións comezan a dar os primeiros pasos para informar aos seus veciños.A asociación de Veciños Monteferro de Panxón convoca aos seus socios e veciños a unha charla informativa sobre o novo documento urbanístico.

Ante a falta de información e acceso ao documento por parte do Concello de Nigrán, as asociacións veciñais estanse organizándose para informar aos veciños da situación do trámite do documento urbanístico e as previsións que mantén as modificacións realizadas polo actual goberno para o PXOM nas súas parroquias.

UCN-CDL instou ao goberno de Nigrán á recuperación do uso público dos viais da urbanización Arealoura.

Correo-e Imprimir PDF

IMAG0003O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) instou ao goberno municipal de Nigrán a recuperar para uso público os dous viarios da urbanización Arealoura, que dende a década dos 60 están restrinxidos ao uso privado. O portavoz de UCN, sinalou que a privatización dos vieiros incumpren " as condicións impostas pola Administración, en particular, no relativo á conexión dos citados viarios coa entón vía do tranvía Vigo-Baiona e a praia."

Esquerda Unida de Nigrán denuncia a previsión do PXOM de urbanizar 62 viviendas sobre terreos dotacionais do colexio de Panxón

Correo-e Imprimir PDF

Os terreos sitúanse pola parte norte do colexio de PanxónA formación de esquerdas denuncia que o novo PXOM de Nigrán pretender recalificar uns terreos rústicos que permitirían a urbanización de 62 vivendas, nun novo PERI que abarcaría terreos do colexio de Panxón destinados a equipamentos educativos.

A recalaficación destes terreos rústicos permitirían ao seu dono a posibilidade de edificar 62 viviendas cunha superficie de construción de 6300 metros cadrados.

Fontes consultadas sinalan a que a titularidade destes terreos estarían en mans dunha persoa que estivo vinculada durante moitos anos á politica municipal.

Esquerda Unida denuncia a falta de zonas verdes no PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

mapa-solo-pxom-nigranEsquerda Unida denuncia que na documentación do PXOM á que tivo acceso figuran "escasas reservas de solo para zonas verdes para o goce da cidadanía". A agrupación agrega que "as poucos reservas de solo que se fan, están emprazadas afastadas das zonas urbanas do concello. No área rural é practicamente inexistente novos equipamentos dotacionais".

Nigrán abre 8 campus deportivos para os máis pequenos cara a tempada do verán.

Correo-e Imprimir PDF

campus-deportivos-nigran-20A Concellaría de Cultura Turismo e Deportes de Nigrán porá en funcionamento 8 campus deportivos no municipio para os meses de xullo e agosto. Surf, baloncesto, fútbol, tenis, piragüismo, BTT e mutideporte, son as actividades que se desenvolverán coa coa colaboración e coordinación de diversas entidades deportivas de Nigrán. O principal obxectivo dos campus, ademais da práctica deportiva, é ofrecer ás familias unha alternativa para conciliar a vida laboral e o lecer dos máis pequenos durante as vacacións, segundo explicou a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL