Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán abre 8 campus deportivos para os máis pequenos cara a tempada do verán.

Nigrán abre 8 campus deportivos para os máis pequenos cara a tempada do verán.

Correo-e Imprimir PDF
campus-deportivos-nigran-20

A Concellaría de Cultura Turismo e Deportes de Nigrán porá en funcionamento 8 campus deportivos no municipio para os meses de xullo e agosto. Surf, baloncesto, fútbol, tenis, piragüismo, BTT e mutideporte, son as actividades que se desenvolverán coa coa colaboración e coordinación de diversas entidades deportivas de Nigrán. O principal obxectivo dos campus, ademais da práctica deportiva, é ofrecer ás familias unha alternativa para conciliar a vida laboral e o lecer dos máis pequenos durante as vacacións, segundo explicou a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva.

 

O programa

Segundo explicouse está mañá durante a presentación do programa, a oferta deportiva destes campus foi deseñada de forma conxunta pola concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán e todos os clubs deportivos locais: Escola Municipal de Surf de Nigrán, Airexa Baloncesto Nigrán, E.D. Val Miñor, Club de Tenis de Nigrán, Club Piragüismo Val Miñor, Racing Club Vilariño e Monteferro Bike Club

Os oito campus deportivos que ofrecerá este verán o Concello de Nigrán desenvolveranse entre a última semana de xuño e os meses de xullo e agosto, cubrindo así practicamente o 100% do período de vacacións dos máis pequenos, en horario de 10.00 a 13.00 ou 14.00 horas, dependendo do campus.

A concelleira Liliana Silva informou que nos campus, "os alumnos inscritos contarán coa presenza de monitores e deportistas de primeiro nivel nas distintas modalidades deportivas, que desde un enfoque ameno, divertido e didáctico transmitirán as súas experiencias e coñecementos aos alumnos. Desta forma, non só estarán aprendendo un novo deporte ou perfeccionando outro xa coñecido, senón que estarán compartindo experiencias inesquecibles e valores como o traballo en equipo, a solidariedade, o compañeirismo, etc."

Prezos

Os prezos dos mesmos oscilan entre os 60 e os 70 euros. "Contémplanse prezos especiais para aqueles nenos que participan en tres ou máis campus, máis concretamente, un desconto de 10 euros por campus, así como prezos especiais para os socios das entidades deportivas", informou Silva.

Ademais, en todos os campus deportivos os asistentes recibirán equipamento deportivo así como unha merenda a media mañá para repor forzas.

Para máis información e inscricións, os interesados deberán dirixirse á Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, ao teléfono 986 368 734 ou ao correo ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Galicia Saudable

A concelleira tamén informou que desde o pasado mes de maio, Nigrán forma parte do programa da Xunta de Galicia, "Galicia Saudable". Unha iniciativa dirixida a promover e potenciar a práctica do deporte entre todos os públicos e colectivos. Desde agora, todas as instalacións deportivas do municipio forman parte do directorio desta programa da administración autonómica, "reafirmando un dos obxectivos desta concellaría, fomentar e promover a actividade deportiva ao longo de todo o ano entre todos os nosos veciñas e veciñas, e tamén entre visitantes reais e potenciais", observou a concelleira.