Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN-CDL instou ao goberno de Nigrán á recuperación do uso público dos viais da urbanización Arealoura.

UCN-CDL instou ao goberno de Nigrán á recuperación do uso público dos viais da urbanización Arealoura.

Correo-e Imprimir PDF
IMAG0003

O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) instou ao goberno municipal de Nigrán a recuperar para uso público os dous viarios da urbanización Arealoura, que dende a década dos 60 están restrinxidos ao uso privado. O portavoz de UCN, sinalou que a privatización dos vieiros incumpren " as condicións impostas pola Administración, en particular, no relativo á conexión dos citados viarios coa entón vía do tranvía Vigo-Baiona e a praia."

 

A medida foi solicitada no derradeiro pleno municipal polo portavoz de UCN-CDL, quen entende que a realización das obras de urbanización na PO-325 por parte da Xunta de Galicia, brindan un marco favorable para proceder "a negociar e recuperar para o dominio público" os dous viarios.

Fernánde Comesaña subliñou a " importancia que supón actualmente dispor destes viarios de comunicación e servizo entre a PO-325 e a Praia (Avd. Manuel Lemos), ao obxecto de mellorar o acceso aos areais desde a citada rúa, unha vez urbanizada e convertida en vía urbana con beirarrúas e zonas de aparcadoiro". Agrega que iso" facilitará en gran medida o acceso á costa e unha maior comodidade para a cidadanía, recuperando así mesmo unha zona para o uso e goce dos cidadáns, dando así cumprida resposta a unha vella demanda dos veciños da zona."

UCN-CDL denuncia irregularidades na PO-325.

Por outra banda, UCN-CDL denunciou a " realización de muros sen licenza municipal e incumprindo gravemente os retranqueos establecidos na achaiadura urbanística en vigor, así como o exceso en altura, con motivo das obras na PO-325 do carril-bici."

Nese senso, advertiu das posibles responsabilidades, "tanto do actual goberno como do anterior, xa que a maioría das obras remóntanse á anterior lexislatura sendo concelleira de urbanismo o actual portavoz socialista Juan González, ao non iniciar expedientes de reposición da legalidade urbanística, por vulneración grave da lei, así como dar conta á APLU da Xunta, sen que ata a data haberse adoptado medida algunha".