Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Recollida de alimentos en Nigrán con fins solidarios.

Correo-e Imprimir PDF

alimentos no perecederosO Concello de Nigrán anuncia a posta en marcha dunha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e perecedoiros envasados de longa duración-. A mesma terá lugar todos os martes no despacho anexo á oficina de Servizos Sociais do concello, de 10.00 a 12.00 horas. O departamento de Servizos Sociais repartirá entre aquelas persoas máis necesitadas os alimentos recolleitos.

Co Consello Sectorial dividido comezan hoxe as xuntanzas parroquias sobre o PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

entrega-pxom-nigranO goberno de Nigrán comeza este mediodía unha rolda de xuntanzas nas sete parroquias do municipio cara a informar aos representantes das asociacións do Consello Sectorial sobre os contidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Nun principio as reunións terán unha duración de 1 hora e se limitarán ao tratamento de aspectos do documento só relativos ao ámbito das parroquias. A metade das asociacións do consello consultivo non estarán presentes por desaprobar a xuntanza diversificada por parroquias e principalmente pola falta de acceso ao documento.

O concello publica na súa páxina web 1 plano dos 91 documentos que conforman o PXOM completo, así como os informes sectoriais da Xunta de Galicia,.

Valverde asegura ter un plano do goberno de Juanes que contradí as actuais pegas do PSOE ao PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

De esquerda a dereita, Alberto García concellal de Facenda, o alcalde Alberto Valverde, o ex-alcalde Efrén Juanes e o portavoz do PSOE Juan GonzálezO alcalde Alberto Valverde amosará aos veciños un plano presuntamente feito pola administración de Efrén Juanes, onde se contemplan recualificacións de chans, urbanizacións e vieros rexeitados agora polo PSOE dende a oposición. O devandito documento -segundo o publicado no xornal Faro de Vigo- estaría datado en abril de 2011, e "coincide en más del 90% con el actual, que será modificado por las correcciones de la Xunta". Pola súa banda, o portavoz do PSOE e ex concelleiro de urbanismo Juan González, asegura que o devandito plano "no fue ni es conocido por el Gobierno anterior ni por el actual grupo Socialista y si se trata de alguna propuesta de trabajo del equipo redactor nunca y en ningún momento fue ni visto ni validado" polos técnicos municipais.

O goberno de Nigrán decide facer públicos os documentos en trámite do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

O PXOM de Nigrán atópase na fase previa á súa aprobación inicialO goberno de Nigrán fará públicos os documentos do PXOM, actualmente en trámite. A medida foi comunicada oficialmente este sábado sustentada no xeito de "evitar cualquier revuelo o crispación en la tramitación de un documento de vital importancia para el futuro del municipio", segundo a alcaldía. Unha copia da documentación aseguran xa foi entregada pero só ás organizacións veciñais, deixando fóra ao resto de colectivos que conforman o Consello Sectorial.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL