Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Medio Rural investirá preto de 55.000 euros no asfaltado de tres camiños en Camos

Medio Rural investirá preto de 55.000 euros no asfaltado de tres camiños en Camos

Correo-e Imprimir PDF
Concello-de-Nigran

O Concello de Nigrán anuncia que a consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia investirá preto de 55.000 euros no asfaltado de tres camiños na parroquia de Camos, nunha actuación enmarcada dentro do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM).

Máis concretamente, as obras afectan aos camiños da Carballeira, Viñas e Baleazas. Estas actuacións resolverán o mal estado de conservación do firme e ampliarán o ancho do camiño, no que redundará segundo o manifestado dende o Concello de Nigrán nunha mellora das "comunicacións dos veciños e veciñas desta parroquia á vez que a seguridade viaria dos camiños. "

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, sinalou que "estas actuacións axudarán a mellorar a calidade de vida dos veciños desta parroquia, ademais de optimizar os recursos para a actividade agrícola, gandeira ou forestal da zona e mellorar a comunicación entre as parroquias".