Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán recupera á mesa sobre violencia de xénero

Nigrán recupera á mesa sobre violencia de xénero

Correo-e Imprimir PDF
violencia xenero

O goberno de Nigrán instalou unha Mesa sobre Violencia de Xénero co fin de atender esta problemática no eido municipal. A mesma estará integrada por representantes da Garda Civil, a Policía Local, a Subdelegación de Goberno, Servizos Sociais, e o Centro de Información ás Mulleres local, organismo que coordinará este grupo de traballo.

 

O Concello anuncia que instalou a mesa logo dalgúns "anos abandonada", cos cometidos da o análise da incidencia da violencia de xénero na localidade, detectar aqueles elementos que provocan disfuncións importantes na atención ás vítimas de violencia de xénero, avaliar a efectividade das intervencións, detectar aqueles casos que se detiveron no percorrido asistencial, así como as posibles causas, e elaborar estratexias para a continuidade da atención.

Segundo a información municipal, na primeira reunión do grupo realizáronse propostas de actuación conxunta entre os servizos implicados para a consecución dos obxectivos, os criterios básicos de coordinación entre todas as institucións "en aras dunha total eficacia na actuación conxunta e aprobar as propostas ou plans de actuación."